UKP day 2017

Este ano celebrouse a segunda edición dun dos festivais máis fermosos que se celebran en Ribadavia: o UKP day.

Imaxinamos que se nos seguides un anaquiño a pista xa sabedes do que estamos a falar, porque o ano pasado tamén tivemos a sorte de que contaran con nós para realizar o vídeo-resumo da actividade. Pero se hai algunha despistada contámosvos polo miúdo de que se trata o festival. Poderiamos resumilo como un festival de Arte, Música, Gastronomía e D.I.Y que ademais ten lugar no interior do Castelo Medieval de Ribadavia. Con esto temos os ingredientes adecuados pra que o evento pinte moi ben, non? Pero é que ademais é en horario diurno, aberto e gratuíto e o seu principal protagonista é un instrumento moi de verán: o ukelele 🙂

O resto podédelo ver no vídeo e se non viñestes recomendámosvos que o ano que ven non o perdades, porque ademais o evento está organizado por grandes profesionais (O Gato Cósmico e La 10 planta) e iso ben se nota no resultado final.

Longa vida ao UKPday!

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close