UKP Day 2016

O pasado sábado 4 de xuño o Castelo de Ribadavia encheuse de música e cores. Foi un día con arte, gastronomía, obradoiros, mesas redondas, música e todo iso con moi, moi bo rollo da man de Matilde (do Gato Cósmico) e Arteficial.

A primeira edición do UKP Day foi todo un éxito (temos imaxes que o demostran wink emoticono O ukekele, instrumento homenaxeado, trasmitiu alegría nas mans de moitos grupos entre eles, Gentleman Clef, Ukestra do Medio ou Marem Ladson.

Festival para todas as idades onde os nenos e nenas tamén tiveron o seu papel protagonista. Moit@s puideron elaborar o seu ukelele de cartón e un numeroso grupo de crianzas, O Castro British School, fixeron unha grande actuación onde encandilaron ó público con grandes éxitos populares.

Queredes velo? Este é o noso resumo! Premede no play!

UKP Day 2016

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close