a&b comunicación

6º Congreso Internacional de Agroecoloxía

Esta é a primeira vez que traballamos para unha Universidade e estamos encantadas de que fora a través dun moi bo amigo (mil gracias, Jas!).

O reto era grande: a elaboración da cartelería para o VI Congreso Internacional de Agroecoloxía organizado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecolóxica da Universidade de Vigo.

O noso punto do partida foi o seguinte texto que fala desta VI edición:

Sendo importante a tecnoloxía innovadora para producir alimentos, o centro da nosa atención deben ser as persoas, as comunidades que comparten e as institucións das que forman parte para construírmos de xeito inmediato novos sistemas agroalimentarios: os cambios sociais son máis espontáneos que os tecnolóxicos, e as decisións políticas son urxentes, cada vez máis.

É unha sorte poder traballar en proxectos con tanto contido e importancia coma este, por iso vos animamos a que visitedes a web do Gieea para saber que fan e como participar (no caso de estares interesad@s) nas súas actividades.

Cliente:
Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecolóxica da Universidade de Vigo
Servizos:
Deseño de cartel

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados