X Arteficial

Xa é o segundo ano consecutivo que nos encargamos da realización do vídeo resumo do Arteficial. E este ano con todavía máis cariño se cadra, xa que o festival celebraba o seu X aniversario.

Se non o coñecedes con este vídeo podédesvos facer unha idea. Pero inda así é complicado resumir todo o que en Ribadavia acontece durante esa xornada: concertos en tres escenarios diferentes, mercadiño, zona de xantar con pulpeira, actividades para crianzas, exposicións… E todo isto no corazón do conxunto histórico da vila. Un marco inigualable e que se enche de vida e música por unhas horas.

E a edición deste ano 2017 xa ten data, así que tomade nota: sábado 2 de setembro. Vémonos no Arteficial?

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close