Sandy

Sandy

Sandy

Parécenos moi axeitada esta curta para estos días de calor que estamos pasando. O universo ó que nos traslada Sandy é o da praia da nosa infancia, ó do sol, a area, o mar e tamén ó do espertar sexual.

Esta curta, elaborada en stop motion é o resultado de 8 meses de traballo, unha gran cantidade de area, plastilina e horas de modelado. O seu creador é Joseph Mann, un director de animación británico representado por Blinkink, productora con sede no Soho de Londres.

Sandy, ademais de engancharnos coa súa música e o seu orixinal guión o que fai é conquistarnos coas súas personaxes, que se asemellan á xente real, non á xente que nos queren facer pasar por real. A xente real temos pelos, michelíns e diferentes orientacións sexuais. Que se enteren dunha vez 🙂

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close