Blog : amigos

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Como xa sabedes gústanos pasar os venres en boa compaña e para iso hoxe querémosvos presentar un negocio de Ribadavia do que destacamos os seus principios e contido ético. Falamos de Alucina Lacena, ao ladiño da igrexa de San Xoan. Alucina Lacena é unha tenda xa coñecida por moit@s d@s habitantes da nosa bisbarra por ser a única que ten produtos de comercio xusto e que naceu cuns ideais que moit@s compartimos.

Na presentación da súa páxina web encontramos este texto que define moi ben as súas andanzas:

” Logo de varios anos como consumidores destes productos, tomamos a decisión de pasarnos ou lado empresarial. Este proxecto é unha iniciativa de persoas contrarias ás regras que rixen ou funcionamiento do coemrcio actual, un panorama onde priman valores moi alonxados doa que terían que guiar unhas relacións xustas e equitativas. Tódolos produtos que podedes atopar nesta páxina foron cultivados de xeito sostíbelrespectando ou medio natural, produtos de grande calidade que forma parte dá nosa alimentación diaria e tamén outros máis exóticos para diversificar ás nosas receitas”.

 

Presentadas quedan e se queredes saber máis delas non dubidedes en contactar polo facebook ou na súa páxina web

Bo venres!

1441308_207898916062102_1776668386_n

481761_176075812531430_1599240170_n

 

14313_176076012531410_848376589_n

 

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Neste blog falamos a diario de creatividade, de orixinalidade, de talento… En definitiva: de arte. E hoxe centrarémonos nunha das artes máis universais: a música. Porque… que sería de nós sen música? Non o queremos nin pensar.

E como é complicado imaxinar unha vida sen música, o traballo do noso compañeiro de hoxe tamén o consideramos imprescindible. Hoxe querémosvos presentar ó Reberete: un artesán da gaita e da percusión.

Un mozo que coas súas mans e os seus coñecementos elabora instrumentos. Quizais unha das tarfas máis complicadas que podemos imaxinar. Se entrades na súa web premendo aquí veredes unha ampla mostra do seu traballo e da súa destreza. E tamén o podedes seguir na súa páxina de facebook.

Se tedes a oportunidade de probar un dos seus instrumentos, non o dubidedes. Eu dende que teño a miña pandeireta “made in Reberete” xa non quero tocar outra cousa!

375720_10151001705822420_599219680_n

469177_506335016098731_555279740_o

477824_506335012765398_592709870_o

559123_284958028292616_1359793634_n

964064_506187836113449_1539451748_o

1655569_642190319179866_1042245599_o

1613772_589802514438764_295126256_n

1606217_642190122513219_1438053968_o

1504182_632128776852687_567279369_o

966901_506335066098726_1780020272_o

964676_506194372779462_1393269352_o

 

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

O mundo móvese gracias a grandes e pequenas ideas e hoxe, na nosa sección ” Xa é venres, compañeir@! “, querémosvos presentar La Gran idea.

Esta empresa naceu en Ourense xa fai uns aniños e hoxe vai participar non Pechakucha da cidade, razón de máis para que falemos dela no noso blog. Elena é a cabeza pensante desta idea. Ela é xornalista e desfrutou toda a vida organizando todo tipo de actividades ou eventos así que se lanzou ó mundo empresarial e creou ” La gran idea”. No seu blog describe de forma moi sinceira o seu producto e servizos, sinceira digo xa que como ela di en ocasións  tira pedras sobre o seu propio tellado.

Hoxe á noite terá 20 imaxes e 20 segundos para mostrarnos a súa grande idea, e dende aquí desexámoslle moita sorte aínda que seguramente vaiamos a desexarlla en persoa e por fin vernos as caras. Alguén máis se ven?

FOTOPORTADA

 

LOGO300

 

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

E este venres repetimos con xente da comarca. Nesta ocasión tócalle á nosa compañeira (de batallas, de gremio, de colectivos e de bares tamén), Rosiña.

Rosiña (xa que non nos sae chamarlle Rosa) é unha moza d’Arnoia que se adica ó mundo da fotografía, e poucas persoas coñecemos que teñan un punto de vista tan persoal e característico coma ela.

Actualmente traballa en Adolfo Domínguez pero ademais participa e colabora activamente en diferentes colectivos como o Arteficial, o Proxecto Barullo, o Teatro do Vilar, Mascotas Perdidas do Ribeiro, A Ribeirana…

Nas súas fotografías retrata o seu entorno e ten a capacidade de atopar a beleza dos obxectos máis corrientes, os que podemos atopar a diario.

A nós encántanos a súa visión e todas as súas fotografías e sabemos con certeza que a vós tamén vos gustarán.

Non deixedes de visitar o seu flickr e o seu blog (a ver se así a animamos a que os actualice). E aquí unha pequena mostra da súa arte:

164409_10200451524906161_772041441_n 376726_4105157862774_308888058_n 395483_2932926037711_1465186156_n 575608_10200695667689578_1638408681_n 971549_10201179912115386_1494516467_n 999429_10201255073954385_1387369299_n 1377384_10201680959761264_1994251970_n 1377539_10201724677694185_651187250_n 1390619_10201750443178306_1373896412_n 1390710_10201738331395519_749964244_n 1459240_10201991354720944_383176338_n 1473011_10201980068198788_1852079951_n 1482864_10202057159446021_986678953_n 1538919_10202230334215282_1392000267_n

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Xa fai tempo que non vos traemos a un dos nosos amigos neste especial “Xa é venres, compañeir@!” e para inaugurar o 2014 con boa onda presentámosvos a un dos artistas locais do Ribeiro que máis nos gusta.

Sen dúbida en Ribadavia hai un rapeiro por excelencia e o seu nome artístico é Abelo CainProxecto Barullo foi unha das plataformas que o deu a coñecer e Arteficial, o noso festival artísticomusical, quixo tamén contar coa súa presencia en varias edicións.

Forza, descaro e arte acompañan nos escenarios a este rapaz de tan só 19 anos que fai rimas intelixentes, agresivas e sen pelos na língua. El mesmo fai as súas letras nas que di máis do que canta e nas que a mensaxe é fundamental. Gústanos a súa maneira de ver o mundo, a súa denuncia social e o seu ritmo e por iso dende o 32400 ata Montealto esperamos que continúe con seu flow e bo carma! 


Abel 01 Abel 02 Abel 03

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close