Blog : amigos

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

E este venres imos falar de cine. Un cine comprometido co propio cine e que non nos deixará indiferentes.

Xa vai facer 12 anos que tiven a sorte de coñecer a Oli. Coincidimos na facultade de Publicidade, e inda que non aguantou (nin sufriu) os catro anos porque marchou a Barcelona a rematar a carreira, iso non serviu de obstáculo para a nosa amizade.

Oliver Laxe é xa un nome recoñecido dentro do cinema galego (e mesmo fora das nosas fronteiras). Quizais lograr o premio da crítica internacional (Frispesci) para a mellor película da Quincena de Realizadores do Festival de Cannes foi o pulo definitivo para a súa visibilidade. Porque non é doado facer cine, un cine que saia de dentro, poético, cociñado a lume lento. E o máis complicado de todo é que ese cine chegue a nós. Pero inda así temos a sorte de ver cousas fermosas e auténticas coma as que nos ofrece Oliver. Porque coma el mesmo di: “Non hai excusas para non facer cine”

 

Trailer de “Todos vós sodes capitáns”. Premio da crítica internacional (Frispesci) para a mellor película da Quincena de Realizadores do Festival de Cannes (2010).

Creación videográfica exposta no Círculo de Bellas Artes de Madrid con motivo do Creación Injuve 2007.
Títulos: Grrr! nº 7… y las chimeneas decidieron escapar.
Autores: Oliver Laxe/Enrique Aguilar.

 

Se queredes obter máis información visitade a páxina da súa productora: Zeitun Films.

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Hoxe comeza unha das fines de semana máis importantes de Ribadavia, ou polo menos máis movida, xa que comezan as actividades da Festa da Istoria.

Cada venres adicamos a entrada do noso blog a xente creativa e creadora. E para levar a cabo unha festa de tal envergadura hai que ser moi creativa: dúas xornadas completas de actividades para tódolos públicos, adornar a vila con escudos e bandeiras, preparación do banco da alhóndiga, do torneo medieval, áreas de descanso, de comida, de artesanía… En resumidas contas: preparar toda a vila para o disfrute de arredor de 45.000 persoas.

E detrás de todo esto está o traballo inestimable d@s voluntari@s. Xente que cede o seu tempo e o seu traballo para que se fagan cousas. Cousas para nós.

Parabéns polo traballo e a disfrutar da Festa da Istoria!!

 

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

As e os que nos ledes habitualmente saberedes que os venres adicámoslle a entrada a persoas máis ou menos coñecidas que para nós son artistas, creador@s, creativ@s… Ben, pois hoxe non só vos imos presentar a unha persoa, senón a un equipo. Hoxe imos falar de ARTEFICIAL.

O Arteficial é bastante máis que un festival. É unha familia, un espazo de traballo no que falar sobre música, fotografía, pintura e cultura en xeral. Feito por e para O Ribeiro.

E o Festival Arteficial é un proxecto que cada ano custa máis sacar adiante pero que sempre se consegue. E conséguese porque merece a pena, porque hai xente traballando arreo por algo no que cren e iso finalmente dá o seu froito.

Así que vos convidamos a que a fin de semana que ven vos acheguedes a Ribadavia. Por que? Porque haberá pintura, fotografía, bo ambiente, obradoiros e música da boa. E porque Ribadavia mola.

 

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Natasha Lelenco é pintura, fotografía, vídeo, animación, ilustración… Esta muller polifacética descríbese a si mesma da seguinte maneira: “Son artista porque son supervivinte e son supervivinte porque non se me ocurriu outra cousa que adicarme a isto que tanto me gusta: explotar a imaxinación e a creatividade en todos os campos da imaxe, da pintura, da ilustración, da fotografía e do vídeo”

A artista  galego-moldava nacida na Unión Soviética  na actualidade traballa en Ourense e arredores. A música e o cine están presentes no seu traballo pero na actualidade destacamos os seus traballos no mundo do teatro colaborando con multitude de compañías galegas e na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, dende xa fai anos. E xa falando de colaborar destacamos o seu traballo  no Festival Arteficial  con vídeos como este.

Natasha é Arteficial, A&B somos Arteficial, se ti tamén queres selo, colabora en Verkami!

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close