Blog : arte

Jee Young Lee: surrealismo en estado puro

Jee Young Lee: surrealismo en estado puro

Jee Young Lee é unha fotógrafa surcoreana que nesta serie que vos presentamos realiza autorretratos moi expresivos e co surrealismo por bandeira.  Estas imaxes son sentimentos propios que quere reflexar, e noutros casos, inspirouse en historias e lendas e mesmo pinturas.

Ela  leva dende o 2007 realizando exposicións pero foi con esta serie coa que saltou á fama mundial e é no 2014 onde por fin exporá en Europa,  despois de ter exposto en Corea, China, EEUU…

Respecto a esta serie de imaxes, a autora creounas con moita paciencia fabricando ela mesma todo o necesario que se ve na escea, e así non ter que recurrir ao uso do photoshop. Ela non disfruta creando as súas imaxes no ordenador, senón que lle chama máis a atención fabricar todo coas súas propias mans. Deixámosvos con moitísimas das súas imaxes porque nos encantan todas e non sabemos cales elexir.

Esperamos que as disfrutedes!

jeeyoung_lee_opiom_gallery_308

jeeyoung_lee_opiom_gallery_309

jeeyoung_lee_opiom_gallery_310

jeeyoung_lee_opiom_gallery_311

jeeyoung_lee_opiom_gallery_312

jeeyoung_lee_opiom_gallery_315

jeeyoung_lee_opiom_gallery_316

jeeyoung_lee_opiom_gallery_319

jeeyoung_lee_opiom_gallery_322

JYL001-JeeYoungLEE-OPIOM-the-little-match-girl_160x128cm_Inkjet-print_2008

JYL002-JeeYoungLEE-OPIOM-resurrection_120x96cm_Inkjet-print_2011

JYL003-JeeYoungLEE-OPIOM-panic-room_180x144cm_Inkjet-print_2010

JYL004-JeeYoungLee-OPIOM-Nightscape_120x96cm_Inkjet-print_2012

JYL005-JeeYoungLEE-OPIOM-my-chemical-romance_144x190cm_Inkjet-print_2013

JYL006-JeeYoungLEE-OPIOM-last-supper_120x96cm_Inkjet-print_2011

JYL007-JeeYoungLEE-OPIOM-Ill-be-back_120x96cm_Inkjet-print_2010

JYL008-JeeYoungLEE-OPIOM-childhood_120x96cm_Inkjet-print_2009

 

 

 

Absolut: arte e cor

Absolut: arte e cor

Un encargo que tivemos fai un tempo fixo que nos puxeramos ó día en canto ás últimas tendencias en packaging. Así descubrimos o redeseño da liña de sabores de Absolut Vodka.

Quizais Absolut sexa unha das marcas máis coñecidas de vodka en todo o mundo e tamén unha das que máis coida a súa imaxe (xa sexa co deseño da etiqueta, coa publicidade ou simplemente coa forma da botella).

E este verán que acabamos de deixar atrás fíxose pública a nova proposta de estilo visual das súas botellas de vodkas de sabores, un dos maiores redeseños que a marca ten feito na súa historia e que foi levado a cabo por The Brand Union Stockholm.

Cada botella foi pensada en termos do simbolismo e os conceptos asociados ós seus ingredientes principais, de maneira que a esencia de cada sabor quede encarnada e amplificada a través da arte; usando máis ben elementos emocionais que as típicas imaxes de froitas.

Unha prosta colorida, orixinal e chamativa. Por iso a nós encántanos.

 

Visto aquí.

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close