Blog : cartel

Xogamos a adiviñar películas?

Xogamos a adiviñar películas?

Se sodes seguidor@s deste blog saberedes de sobra que nos encantan os xogos 🙂

Pois hoxe traémosvos un relacionado co cine. O director artístico francés Madani Benjellal ven de crear esta serie de carteis de cine eliminando os títulos orixinais das películas que representan. O nome da serie é “Arrête ton cinema” e premendo neste enlace podédelos ver todos. Pero para que vaiades xogando aquí vos deixamos algunhas películas, seredes quen de adiviñalas todas? Algunha é sinxela, pero outras non tanto!

Ler máis

O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar

O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar

Un ano máis o concello de Castrelo de Miño presenta as súas festas gastronómicas e os seus Ribeiros en Xantar, o 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar do 4 ao 8 de marzo en Ourense (ou sexa que este fin de semana xa tedes plan culinario!)

Para promovelos encargáronnos estes flyers onde presentan ademáis os carteis das festas gastronómicas do concello para este ano 2015 (feitos tamén por nós): a festa da Anguía, a da Rosquilla e a da Codorniz.

Castrelo móvese, aposta polo seu, o local. Por iso é un concello que logra diferenciarse do resto. E xa sabedes que se queredes saber máis deste concello e a súa gastronomía espéranvos cos brazos abertos en Xantar 2015.

Que aproveite!

Ler máis

O noso traballo: no CCA do Ribeiro querémoste!

O noso traballo: no CCA do Ribeiro querémoste!

Xa se achega o (fermoso e romántico para uns/unhas e empalagoso e consumista para outr@s) día de San Valentín, e o Centro Comercial Aberto do Ribeiro queren agradecer que fagamos as nosas compras no mercado local sorteando unha chea de cousas para dous.

E nós agradecemos que confiaran en nós para o deseño do cartaz da campaña do 14 de febreiro.

Así que se queredes entrar no sorteo dunha cea, unha masaxe con ciucuíto termal ou un aloxamento con almorzo incluído xa sabedes, a consumir no comercio local, que ademais así gañamos tod@s.

Love is in the air!

portada facebookcartaz redes sociales

O noso traballo para Aula Gabinete Psicopedagóxico

O noso traballo para Aula Gabinete Psicopedagóxico

O novo curso chegou e as mozas de Aula Gabinete Psicopedagóxico quixeron estar ben preparadas para afrontalo con todas as súas enerxías. Para iso delegaron en nós o deseño dos seus carteis publicitarios e tamén a súa publicidade on-line.

Como xa sabedes, entre outras moitas cousas, ofrecemos servizos de Community Manager para que o perfil on-line das vosas empresas estean sempre actualizados con contidos que encantarán aos vosos seguidores e seguidoras. Aula é só un exemplo, esperamos os vosos”gústame” e desexamos que esta campaña achege moitos usuarios ás aulas de Aula Gabinete Psicopedagóxico.

Graciñas mozas por confiar en nós!

aula de adultos

aula de apoio educativo2




 

 

Gif+Cine

Gif+Cine

Para as persoas que nos seguides dende fai un tempiño non será un segredo que somos moi fans das animacións gif (A máis que B, teño que admitilo). E as que vos traemos hoxe molan moito, moito, porque mesturan a animación cunha das nosas paixóns: o cine.

O que vos deixamos a continuación son carteis de películas animadas por artistas anónim@s. Están moi curradas, así que non volas perdades.

A difrutar!

 

Visto aquí.

Días de ENTROIDO!!

Días de ENTROIDO!!

Hoxe para dexesarvos unha gran fin de semana fixemos o noso “Top 10” de carteis de entroidos galegos. Gran variedade de carteis e de tipos de festa, na Galiza hai entroidos para todos os gustos.

A pasalo moi moi ben!

 

 

00_entroido_14

Xenerais-da-Ulla-santiago-2014-618x873

image

cartel2014

cartel_entroido_2014_0

Cartel entroido 2014

Carnaval-Ourense-2014-Noticia

1920530_443079355821958_1603004029_n

6420H1

2423_ca666014

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close