Blog : cine

Xogamos a adiviñar películas?

Xogamos a adiviñar películas?

Se sodes seguidor@s deste blog saberedes de sobra que nos encantan os xogos 🙂

Pois hoxe traémosvos un relacionado co cine. O director artístico francés Madani Benjellal ven de crear esta serie de carteis de cine eliminando os títulos orixinais das películas que representan. O nome da serie é “Arrête ton cinema” e premendo neste enlace podédelos ver todos. Pero para que vaiades xogando aquí vos deixamos algunhas películas, seredes quen de adiviñalas todas? Algunha é sinxela, pero outras non tanto!

Ler máis

Guillaume Blanchet, que bo descubrimento!

Guillaume Blanchet, que bo descubrimento!

Mentres as pulseriñas de gomiñas de cores triunfan como a CocacolaGuillaume Blanchet lles atopa un uso diferente e dá vida con elas a “Unha rapaza chamada Elastika“, curtametraxe premiada con mais dunha decena de galardóns en diferentes festivais internacionais de cine.

Esta curta leva á súa protagonista, Elastika, por diferentes mundos e aventuras recreadas con materiais de oficina cun estilo marcado de videoxogo “oitenteiro” que nos encanta. Unha bonita historia creada con materiais simples e moita paciencia que seguro fascinará a nen@s e non tan nen@s!

Este é só un dos seus traballos como cineasta independente e recomendámosvos  que non vos perdades o resto da súa filmografía, entrade na súa web e descubrídeo, é un grande creativo!

 

A GIRL NAMED ELASTIKA from Guillaume Blanchet I Filmmaker on Vimeo.

 

Carreiras cinematográficas ilustradas

Carreiras cinematográficas ilustradas

Hoxe traémosvos unhas ilustracións moi simpáticas dun artista estadounidesnse chamado Jeff Victor.

A súa traxectoria é ampla e ten traballado para as máis grandes empresas audiovisuais (Warner Bros, National Geographic Kids, MTV, Play Station 2…) por iso vos recomendamos que entredes na súa web ou no seu blog para marabillarvos co seu traballo.

Máis hoxe, o que vos queriamos ensinar é esta xenial serie de ilustracións nas que se plasma a carreira cinematográfica dalgunas das máis famosas actrices e actores de cine. En cada unha aparecen @s protagonistas ó longo do tempo cos seus papeis máis recoñecidos. E o artista non deixa ningún detalle atrás!

A ver se @s recoñecedes a tod@s!

Jim Carrey

Uma Thurman

Bill Murray

Tom Hanks

Tim Curry

Sigourney Weaver

Rick Moranis

Nicolas Cage

Natalie Portman

Kurt Russell

Johnny Depp

Jack Nicholson

Charlize Theron

Gary Oldman

Unha peli que se cola na realidade

Unha peli que se cola na realidade

Moitas veces dicimos por aquí que non fai falla ter demasiados medios para levar a cabo unha boa idea. A imaxinación é un superpoder. Por iso gostamos moito de ideas coma esta que vos traemos hoxe.

François Dourlen é un fotógrafo que adoita levar gardadas no seu teléfono móvil imaxes de esceas de películas. E cando atopa o momento idóneo adáptaas ó esceario real no que se atopa. Que igual así explicado non entededes nada, así que será mellor que vos deixe coas súas fotografías para que as disfrutedes (que sei que o meu don non é o da palabra).

 

 

Gif+Cine

Gif+Cine

Para as persoas que nos seguides dende fai un tempiño non será un segredo que somos moi fans das animacións gif (A máis que B, teño que admitilo). E as que vos traemos hoxe molan moito, moito, porque mesturan a animación cunha das nosas paixóns: o cine.

O que vos deixamos a continuación son carteis de películas animadas por artistas anónim@s. Están moi curradas, así que non volas perdades.

A difrutar!

 

Visto aquí.

A reencarnación das cintas

A reencarnación das cintas

Erika Iris Simmons é unha artista estadounidense que gosta da reciclaxe e de darlle unha segunda utilidade ás esquecidas cintas de vídeo, de cassettes e mesmo ás películas de cine. E o resultado é sorprendente, xa que, inspirándose en iconas da música e do cine, crea retratos facilmente recoñecibles e moi ben executados.

A artista recoñece que a inspiración lle xurdiu traballando no Hard Rock Hotel, e nesa época foi cando fixo o seu primeiro retrato: o de Jimi Hendrix. E xa non puido parar.

Visto aquí.

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close