Blog : cortometraje

Guillaume Blanchet, que bo descubrimento!

Guillaume Blanchet, que bo descubrimento!

Mentres as pulseriñas de gomiñas de cores triunfan como a CocacolaGuillaume Blanchet lles atopa un uso diferente e dá vida con elas a “Unha rapaza chamada Elastika“, curtametraxe premiada con mais dunha decena de galardóns en diferentes festivais internacionais de cine.

Esta curta leva á súa protagonista, Elastika, por diferentes mundos e aventuras recreadas con materiais de oficina cun estilo marcado de videoxogo “oitenteiro” que nos encanta. Unha bonita historia creada con materiais simples e moita paciencia que seguro fascinará a nen@s e non tan nen@s!

Este é só un dos seus traballos como cineasta independente e recomendámosvos  que non vos perdades o resto da súa filmografía, entrade na súa web e descubrídeo, é un grande creativo!

 

A GIRL NAMED ELASTIKA from Guillaume Blanchet I Filmmaker on Vimeo.

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Hace ya mucho mucho  tiempo en un país muy muy lejano conocí a un maño enamorado del cine y hoy me gustaría presentároslo. Cuando lo conocí acababa de ganar un premio para poder llevar adelante su segundo cortometraje, todos estudiábamos cine o algo relacionado, y lo veíamos como un referente. Hoy hemos dejado de ser estudiantes y cada uno tratamos de hacer lo que nos gusta de la mejor manera y él sigue siendo un referente  ya que son  muchos los alumnos que  le siguen en sus clases diarias, en la Universidad San Jorge (Zaragoza)

Se trata de Ignacio Lasierra, joven director de cine con una larga trayectoria profesional. Ha  colaborado varios años como locutor de radio especializado en cine en Onda Cero y trabajó como redactor y reportero para Aragón Televisión. Ha escrito y dirigido hasta la fecha cuatro cortometrajes: Al otro lado (2002), Rastro (2006),  Salomón (2008) y La Granja (2011).

Este último cortometraje cargado de tensión ha recogido  más de una docena de premios en festivales como el Festival de Cine de Alcalá de Henares, el Festival de Terror de Molins de Rei o el Festival de Cine de Huesca, y también fue selecionado en más de cuarenta festivales, como el Festival de Sitges o la Semana de Cine Fantástico de San Sebastián.

Ignacio Lasierra como podéis ver toca desde la temática social hasta la de terror y es que se mueve como pez en el agua a la hora de contar una historia. Gran narrador audiovisual y gran orador, os recomiendo que si os gusta el cine le echéis un vistazo a  su blog (con el que en la actualidad sufre una crisis de pareja de la que seguro saldrán adelante)

Desde aquí te enviamos mucha suerte para tus próximos proyectos.

Vamos arriba!

Trailer. LA GRANJA. from Ignacio Lasierra on Vimeo.

SALOMÓN from Ignacio Lasierra on Vimeo.

Mini Reel from Ignacio Lasierra on Vimeo.

Unha curta interactiva

Unha curta interactiva

Fai aproximadamente un mes falabámosvos do director canadiense Vincent Morisset nunha das nosas entradas. Ben, pois hoxe ímolo recordar, porque querémosvos presentar un corto interactivo da súa autoría titulado Bla Bla.

Vincent Morisset é un realizador nacido en Montreal e que creou a axencia AATOAA, adicada ó que el define como “interacción cinematográfica”. O seu traballo céntrase en proxectos web ademais de realizar numerosos videoclips e curtametraxes animadas.

Bla bla é unha curta interactiva que explora os principios fundamentais da comunicación humana. O espectador fai que a historia sexa posible: sen el ou ela, os personaxes permanecen inertes, esperando a próxima interacción.Cada un dos seis capítulos da historia representa un aspecto diferente da comunicación e ilustra estos aspectos a través de personaxes entrañables e un chisco desconcertantes.

“BLA BLA utiliza a xerografía sobre papel, animacións de ActionScript xerado, monicreques para estudar o movemento e cartografía 3D en tempo real”, explica Morisset. “Quería crear estados de ánimo e xerar emocións a través dunha peza interactiva. É moi difícil facer crescendos dramáticos nun sitio web… Pensei que sería un reto interesante”.

Trátase dunha peza de interacción moi intuitiva na poderiamos destacar os efectos de son e o deseño dos personaxes. E dende aquí animámosvos a que xoguedes clicando aquí. Boa semana a tod@s!

 

BLA-BLA-1Blabla_web_7blabla_web_dim4_0  Screen-Shot-2011-11-10-at-10.05.33-AM-e1320937604817 tumblr_lm6d6eVwPY1qclyefo1_500blabla_photo_famille_bw

E aquí o making of:

Visto aquí.

Sandy

Sandy

Parécenos moi axeitada esta curta para estos días de calor que estamos pasando. O universo ó que nos traslada Sandy é o da praia da nosa infancia, ó do sol, a area, o mar e tamén ó do espertar sexual.

Esta curta, elaborada en stop motion é o resultado de 8 meses de traballo, unha gran cantidade de area, plastilina e horas de modelado. O seu creador é Joseph Mann, un director de animación británico representado por Blinkink, productora con sede no Soho de Londres.

Sandy, ademais de engancharnos coa súa música e o seu orixinal guión o que fai é conquistarnos coas súas personaxes, que se asemellan á xente real, non á xente que nos queren facer pasar por real. A xente real temos pelos, michelíns e diferentes orientacións sexuais. Que se enteren dunha vez 🙂

a vida a traves do espello

a vida a traves do espello

Ata agora parece que tiñamos un pouco esquecidas as pezas audiovisuais, así que hoxe queremos compartir con vós unha curta que nos pareceu moi interesante: “Le Miroir“. Non tanto pola súa temática, senón máis ben pola súa realización e montaxe. Trátase dunha curta na que se resume toda a vida dun home a través do seu reflexo no espello do baño. O atractivo da curta reside en que se trata dun único plano secuencia (moi ben montado ó noso parecer).

Os seus creadores son Antoine Tinguely e Laurent Fauchère, ambos directores en Ramón and Pedro.

Para @s máis curios@s deixámosvos tamén o “making of”, para que vexades un pouco a maneira de traballar, os trucos e o divertido que é traballar no audiovisual (ás veces).

Le Miroir from ramonandpedro on Vimeo.

 

Le Miroir | Behind the scene from ramonandpedro on Vimeo.

 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close