Blog : creatividade

As paranoias de John Trashkowsky

As paranoias de John Trashkowsky

John Kowsky (aka John Trashkowsky), é un artista que gosta de usar a acidez, a crítica e a ironía nas súas obras.

As súas instalacións son sinxelas, máis o trasfondo e idea que encarnan vai moito máis alá. Podemos dicir que fai arte contemporáneo posto que fala de psicoses, ansias, paranoias… un reflexo fiel da sociedade na que vivimos.

Para coñecer un pouco máis a súa obra visitade a súa web aquí.

Ler máis

Os corpos surrealistas de Ángela Burón

Os corpos surrealistas de Ángela Burón

Ángela Burón é a autora dun dos nosos últimos descubrimentos no mundo dos blogs.

Quizais, o que primeiro nos chamou a atención foron as súas fotografías (hipnotizan, enganchan, confunden). Pero unha vez que nos puxemos a indagar nas entrañas do blog tamén descubrimos que Ángela Burón escribe, conta historias e comparte cousas (e dentro de cousas incluímos vídeos dos Simpson). Atrevédevos a entrar porque paga a pena. E para as máis curiosas e curiosos ata nos ensina a través de vídeos como fai as súas montaxes. E repetimos, comparte vídeos dos Simpson 😉

Ler máis

O alfabeto canino

O alfabeto canino

Andrei Clompos é un artista rumano que destaca sobre todo polas súas dotes de ilustrador, non deixedes de visitar o seu perfil en Behance ou o seu Facebook.

Pero o que hoxe vos queremos presentar é un proxecto no que une a súa paixón polos cans e pola tipografía. Este artista creou un alfabeto canino no que a cada letra lle atribúe unha raza de can e explica brevemente as súas características.

A nós gustounos moito, pero só lle vemos un pequeno “erro”: cremos que o “L” debería ser de Ledo, así que lanzamos a nosa proposta:

L de Ledo_2

Ler máis

ABC musical

ABC musical

Como estamos a luns, chove e os días son cada vez máis curtos que vos parece se comezamos a semana con música? Non hai nada que non mellore unha boa canción ou, neste caso, unha boa e orixinal idea.

Priscilla Fois Missk é unha deseñadora gráfica, ilustradora e directora de arte italiana que creo un abecedario tipográfico a partir de 24 portadas de vinilos. Portadas que nos soarán a case tod@s.

Ademais do orixinal da idea encántanos o colorido que utiliza como fondo de cada composición (a parte do seu gusto musical).

Ler máis

Ouro parece, plata non é

Ouro parece, plata non é

Vanessa Mckeown é unha mestra do “trampantojo“. As súas creacións caracterízanse non só por utilizar obxectos cotiás para darlles formas moi cobizosas (e apetecibles) senón tamén polo uso da cor. É unha artista que se move entre a Dirección de Arte, a Fotografía e a Escenografía. Así que non se nos ocorre unha mellor maneira de colorear esta mañá outonal que coas súas creacións. Disfruten!

E non deixedes de seguir o seu instagram!

Ler máis

Lim Zhi Wei, arte floral

Lim Zhi Wei, arte floral

Hoxe presentámosvos a unha artista moi primaveral. Chámase Lim Zhi Wei e usa entre outras cousas acuarelas e pétalos para crear, unha mestura coa que logra un efecto moi visual e colorido.

Esta xoven artista de Malasia decidiu crear pequenas obras con obxecetos cotidiáns. Debuxa acuarelas de formato pequeno xa que non dispón de moito tempo libre para pintar grandes cadros. Con esta técnica crea bailarinas, insectos, monumentos… e loitando contra o efímero do material, imortaliza a súa obra mediante fotografías das mesmas, que son obras de arte en si mesmas.

Aquí vos deixamos a súa páxina e o seu instagram, @lovelimzy, que paga a pena seguir!

13983485090_2be0d985f4_b

Ler máis

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close