Blog : crítica

Cinismo ilustrado

Cinismo ilustrado

Cinismo Ilustrado é unha web creada en 2009 que fala de temas de acutalidade pero dende a crítica e baixo unha óptica ácida, sarcástica e cínica (como ben indica o nome).

O seu creador é o mexicano Eduardo Salles, quen ademais de ser o director xeral creativo da axencia de publicidade Flock publica en varias revistas. E por se todo isto fose pouco tamén ten un sitio de doodles falsos de Google.

Pero hoxe imos resaltar as ilustracións de Cinismo Ilustrado, que seguro que vos gustan e vos arrancan máis dun sorriso desos de medio lado.

E veña! Que esta semana comeza o Entroido! Ieeeepa!

1Ehumanismosigloxxi 3Elapulgaimportante cicloDEprocrastinacion e5olimpiadasdelavida e6lavidaesalta e7iconosquetejodeneldia mcsalles tumblr_ltawgwbrwC1qbogk6o1_500 tumblr_mvtik8du3E1qa4p8ho1_500 tumblr_mzk3f4lSet1qa4p8ho1_500 tumblr_mztb63Bir01qa4p8ho1_500 tumblr_n0hfioGfKl1qa4p8ho1_500 tumblr_n0mx9vtbaB1qa4p8ho1_500 tumblr_n15g93WCrG1qa4p8ho1_500 tumblr_n069882XxI1qa4p8ho1_500

No meu corpo mando eu

No meu corpo mando eu

Ola! Levamos case unha semana sen publicar porque tivemos un pequeno problemiña informático que xa nos solucionou o noso queridísimo Nicolás (graciasgraciasgracias!).

Así que hoxe voltamos á carga cun tema que nos afecta en primeira persoa e que nos preocupa especialmete (ademais de estar moi en boga estos días) : a reforma da lei do aborto do ministro Alberto Ruiz-Gallardón.

A Asociación de Autoras de Cómic ven de crear a plataforma Wombastic, un lugar onde compartir carteis, cómics e outras ilustraciónes que combatan a inxusta reforma da lei do aborto e axuden a proclamar ós catro ventos o noso dereito a decidir.

A conta de correo de AAC recibe as achegas de tod@ aquel/aquela que desexe colaborar porque o obxectivo de Wombastic, aínda que teña unha compoñente artística, é sobre todo social. O seu obxectivo é parar a lei de Gallardón e para iso calquera pode imprimir e utilizar as imaxes libremente na rúa nas próximas manifestacións e mobilizacións en contra da lei.

Nós dende aquí queremos actuar como altofalantes para espallar pola rede esta reivindicación e berrar ben alto que é o NOSO corpo e, por ende, a NOSA decisión.

tumblr_n1330d8AnR1trqy9fo1_1280 tumblr_n132totWvz1trqy9fo1_1280 tumblr_n102u68lqz1trqy9fo1_1280 tumblr_n11ht2P70Q1trqy9fo1_1280 tumblr_n11hp9eRPX1trqy9fo1_1280 tumblr_n11gipLB381trqy9fo1_1280 yo decido tumblr_n0yi4gWIKl1trqy9fo1_1280 tumblr_n0yh6jvge31trqy9fo1_1280 tumblr_n0y9jolcKz1trqy9fo1_r1_1280 tumblr_n0y8toJsvy1trqy9fo1_400 tumblr_n0y8c6i5QZ1trqy9fo1_1280 alfombra roja tumblr_n0tvx7llXb1trqy9fo1_1280 tumblr_n0wnid192Y1trqy9fo1_1280 tumblr_n0wnvp5q1e1trqy9fo1_r1_1280 tumblr_n0wp1tsGaC1trqy9fo1_1280 tumblr_n0wph6UQxf1trqy9fo1_1280 tumblr_n0mej6O4EC1trqy9fo1_1280 Print tumblr_n0ir4kfpvi1trqy9fo1_1280

Retoque fotográfico ou “que se mueran los feos”

Retoque fotográfico ou “que se mueran los feos”

O retoque fotográfico en actrices/actores/modelos e artistas en xeral está tan extendido que por momentos nos deshumaniza, crea persoas irreais.

Esto é que algo que quixeron denunciar os directores Bálint Nagy e Lőrincz Nándor no último videoclip da cantautora franco-húngara Boggie para a canción “Nouveau Parfum”.

O vídeo recrea unha suposta manipulación dixital (en plan Photoshop) en tempo real da cantante, no que case nada ten que ver a imaxe real dela co resultado final. O vídeo é unha simulación, xa que os retoques que se lle aplican son factibles, pero non en tempo real.

“Con este ensaio acerca da beleza, Boggie busca crear conciencia ante a industria da publicidade e ante o feito de que case ningunha imaxe que vemos está libre de edición, creando corpos cada vez máis perfectos e elevando os estándares de beleza a niveis nunca alcanzables.”

Deixámosvos co vídeo, e por certo, da canción non dixemos nada…


Visto aquí.

O máis importante

O máis importante

Hoxe o meu espertador arrancoume dos brazos de Morfeo anunciando pola radio que 85 persoas suman tantos cartos como 3.570 millóns de pobres no mundo (e si, déronme gañas de botar a manta por riba da cabeza e non saír endexamáis da cama).

Por iso hoxe queremos destacar un traballo do fotoxornalista Brian Sokol titulado “The most important thing” (O máis importante), no que fotografou a refuxiad@s que se viron obrigad@s a cruzar a fronteira entre o estado do Nilo Azul de Sudán e o estado do Alto Nilo en Sudán do Sur. Nelas pediulles que posaran co obxecto máis importante que levaron consigo na fuxida. As imaxes falan por si soas:

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Xa fai tempo que non vos traemos a un dos nosos amigos neste especial “Xa é venres, compañeir@!” e para inaugurar o 2014 con boa onda presentámosvos a un dos artistas locais do Ribeiro que máis nos gusta.

Sen dúbida en Ribadavia hai un rapeiro por excelencia e o seu nome artístico é Abelo CainProxecto Barullo foi unha das plataformas que o deu a coñecer e Arteficial, o noso festival artísticomusical, quixo tamén contar coa súa presencia en varias edicións.

Forza, descaro e arte acompañan nos escenarios a este rapaz de tan só 19 anos que fai rimas intelixentes, agresivas e sen pelos na língua. El mesmo fai as súas letras nas que di máis do que canta e nas que a mensaxe é fundamental. Gústanos a súa maneira de ver o mundo, a súa denuncia social e o seu ritmo e por iso dende o 32400 ata Montealto esperamos que continúe con seu flow e bo carma! 


Abel 01 Abel 02 Abel 03

Sandy

Sandy

Parécenos moi axeitada esta curta para estos días de calor que estamos pasando. O universo ó que nos traslada Sandy é o da praia da nosa infancia, ó do sol, a area, o mar e tamén ó do espertar sexual.

Esta curta, elaborada en stop motion é o resultado de 8 meses de traballo, unha gran cantidade de area, plastilina e horas de modelado. O seu creador é Joseph Mann, un director de animación británico representado por Blinkink, productora con sede no Soho de Londres.

Sandy, ademais de engancharnos coa súa música e o seu orixinal guión o que fai é conquistarnos coas súas personaxes, que se asemellan á xente real, non á xente que nos queren facer pasar por real. A xente real temos pelos, michelíns e diferentes orientacións sexuais. Que se enteren dunha vez 🙂

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close