Blog : Feira do Viño

O noso traballo: G+V

O noso traballo: G+V

Non vos podedes imaxinar a ilusión que nos fai podervos presentar (por fin!) o proxecto rematado de Graffiti+Viño. Foi un proxecto longo, con diferentes fases, pero que nos aportou infinidade de cousas boas.

A primeira, coñecer de preto ó marabilloso equipo de Arteficial. Dá gusto ver como a xente disfruta traballando colectivamente, pero sobre todo de maneira voluntaria. Traballar para nós, para facer cousas que nos ilusionen e emocionen e por AMOR á ARTE.

Por outra banda encantounos coñecer a Alfredo (Adega Pousadoiro), a Magda (Adegas Aurea Lux), e a Antón (Adega Alecrín). Gracias por abrirnos as portas das vosas adegas e deixarnos pasar até a cociña. Ós poucos, a cultura do viño vai tendo menos segredos para nós 😉

E o que foi un pracer tremendo foi coñecer a Mon, Asten e NO3L, e velos traballar “en vivo e en directo”. Un luxazo.

Con todos estos ingredientes non o tiñamos complicado para facer un proxecto interesante, bonito e diferente. E o noso traballo era tentar plasmalo en imaxes. Esperamos ter estado á altura.

A nosa labor centrouse en realizar un logo para o proxecto e cubrir todo o que foi a actividade para realizar un vídeo-resumo. A música corre a cargo do noso (moi ben querido) técnico de son: Natural Zero, que fixo un traballazo.

Deixámosvos co resultado final, esperando que o disfrutedes case tanto coma nós. E recordade que se queredes levar para a casa unha caixa cun anaquiño de graffiti e tres botellas só vos tedes que poñer en contacto coas adegas.

Brindemos cun Ribeiro por moitos proxectos fermosos coma este!

 

fotograma0 fotograma1 fotograma2 fotograma3 fotograma4 fotograma5 fotograma6 fotograma7 fotograma7b fotograma8 fotograma9 fotograma10 fotograma11 fotograma12 fotograma13 fotograma1410322827_237931599740238_3835696897867664990_n 10329211_237931919740206_5877311489362780085_n 10322663_237931999740198_1049181253662692303_n 10305595_237931809740217_5662920241637106851_n 10291041_237932406406824_1787454354240869409_n 10262063_237932239740174_569515442397375051_n 10252156_237931666406898_4885744823844210949_n 10001384_237931443073587_7353315082785286420_n 10253806_237932153073516_1330414989196365984_n

 

Promo 1:

 

Promo 2:

 

 Documental:

Spot:

tríptico exterior_ainhoa tríptico interior_ainhoa

Datas:

29 de Marzo:  Encontro entre artistas e adegueiros. Visita a cada unha das adegas.
30 de Marzo: Realización dos murais en Castrelo de Miño. De 10 da mañán ás 20:00h.
2, 3 e 4 de Maio: Presentación oficial dos resultados da acción e exhibición dos murais na 51 edición da Feira do Viño do Ribeiro.

Adegas participantes:

Alecrín, de Cenlle.
Aurea Lux, de Ribadavia
Adega Pousadoiro, de Castrelo de Miño

Artistas participantes:

Mon Devane, de Ourense
Nas, de Rianxo
Asten, de A Coruña

Organiza:

Asociación ARTEFICIAL

Colabora:

Consello Regulador da Denominación de Orixe O Ribeiro
Concello de Castrelo de Miño
Concello de Ribadavia

Música orixinal:

Natural Zero
“Agua” (coa colaboración de Hugo Mojón na guitarra)
“Afro”
“Power colour”

Agradecementos:

Entretempos
Cdos Carpinteros
Blanca Cáceres
Alfredo Fernández
Valey Dj
Troche e Moche Dj’s
Spray Planet
Tod@s @s membros de Arteficial

O noso traballo

O noso traballo

As e os que nos coñecedes saberedes que nos gustan as cousas sinxelas, elegantes e diferentes. E estos tres conceptos son os que tentamos unir no último traballo audiovisual que nos foi encargado polo Concello de Ribadavia: a promo para a Feira do Viño do Ribeiro (que terá lugar aquí, en Ribadavia, en menos dun mes). E esperamos que chegue a gostar a moita xente!

Levamos unha larga tempada atarefadas neste traballo e fixémolo con moito agarimo, xa que para nós, a Feira do Viño é unha das nosas festas favoritas do Ribeiro.

Esperamos que vos guste e se o visionades na compaña dun bo viño do Ribeiro mellor que mellor!

 

Feira do Viño do Ribeiro 2014 from A&B Comunicación on Vimeo.

Viño e graffiti

Viño e graffiti

Viño e graffiti é unha actividade que leva moito tempo nas cabezas pensantes de varios membros da asociación Arteficial. E con moito esforzo por fin sae á luz  este proxecto único no Estado español, e levarase a cabo grazas tamén ó apoio de varias adegas do Ribeiro: Aurea Lux, Alecrín e Pousadoiro.

A actividade, que comeza a próxima fin de semana, traerá a tres artistas do graffiti que, despois de percorrer as adegas e coñecer os segredos do Ribeiro, plasmarán a súa obra nun soporte moi de viño. Isto poderédelo ver o domingo 30 de marzo durante a feira de Castrelo de Miño. Estos tres artistas son moi coñecidos na súa arte a nivel Galiza e chámanse Mon Devane, Nas e Asten. A actividade terá continuidade na Feira do Viño, onde se exporán as obras resultantes e finalizará no festival Arteficial (15&16 de Agosto).

Arteficial, que xa confiou en nós para a realización doutros vídeos, pediunos que participaramos tamén neste proxecto. Esperamos non defraudar a ninguén! Nós xa o temos todo preparado para comezar este novo proxecto así que 5 e… acción!

CARTEL PARA WEB

 

Video Promocional Feira do Viño 2013

Video Promocional Feira do Viño 2013

Xa está na rede o noso último traballo de vídeo!!

Este video  foi un encargo que nos fixo o  Concello de Ribadavia e aquí o tedes:


Nel  podedes ver  un pouco máis do que foi e será a Feira do Viño do Ribeiro, unha pincelada das actividades durante os días da feira e como a xente disfruta nestas datas.

Esperamos que vos guste!!

Ah! e parabéns á Feira que foi o seu 5o aniversario!

 

 

 

Menudo recibimento!

Menudo recibimento!

Hoxe queremos adicarvos a entrada do blog a vós e darvos as gracias a tod@s @s que onte pasastes por aquí. Estamos encantadas co tremendo recibimento que nos fixestes. Superamos as 1.000 visitas! Agora convidámosvos a que nos acompañedes durante esta viaxe, porque isto só acaba de comezar. E viñemos para quedarnos!

E como hoxe tamén comeza a 50 edición da Feira do Viño do Ribeiro, nesta entrada ímosvos presentar a nosa proposta de cartaz que enviamos ó concurso. Concedéronnos o primeiro accésit, e seica lle andivo cerca a cousa. Para nós foi toda unha victoria e case podemos confirmar que foi o empurronciño final que precisabamos para lanzarnos ó proxecto que onte vos presentamos: A&B.

Que vos parece a nosa proposta?

concurso feira do viño 2013_web

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close