Blog : fotomontaxe

Os corpos surrealistas de Ángela Burón

Os corpos surrealistas de Ángela Burón

Ángela Burón é a autora dun dos nosos últimos descubrimentos no mundo dos blogs.

Quizais, o que primeiro nos chamou a atención foron as súas fotografías (hipnotizan, enganchan, confunden). Pero unha vez que nos puxemos a indagar nas entrañas do blog tamén descubrimos que Ángela Burón escribe, conta historias e comparte cousas (e dentro de cousas incluímos vídeos dos Simpson). Atrevédevos a entrar porque paga a pena. E para as máis curiosas e curiosos ata nos ensina a través de vídeos como fai as súas montaxes. E repetimos, comparte vídeos dos Simpson 😉

Ler máis

A visión surrealista dun mozo de 15 anos

A visión surrealista dun mozo de 15 anos

Noutra ocasión xa compartiamos con vós o traballo de Zev de Natick (Fiddle Oak), un rapaz de 14 anos que nos conquistaba coas súas fotomontaxes cheas de maxia. Pois ben, hoxe tamén ficamos pampas ó descubrir o talento de David Uzochukwu, un rapaz luxemburgués de tan só quince anos de idade.

Os seus autorretratos están cheos de paixón e dramatismo e rematan por atraparnos e introducirnos no seu universo.

Así é como el mesmo se define:

“O meu nome é David. Teño quince anos. Gústame madrugar para ver a saída do sol, viaxar, ler, o té, a sandía, saír á rúa a contar as estrelas e ter subidóns facendo fotos interesantes”

Deixámosvos coas súas fotografías:

David-Uzochukwu-01-1 David-Uzochukwu-01-1024x682 David-Uzochukwu-1-1024x576 David-Uzochukwu1-1024x682 David-Uzochukwu-2 David-Uzochukwu-2-600x400 David-Uzochukwu-3-1024x506 David-Uzochukwu4 David-Uzochukwu5 David-Uzochukwu-6 David-Uzochukwu8 David-Uzochukwu-8-600x400 David-Uzochukwu-8-1024x682 David-Uzochukwu9 David-Uzochukwu-9-600x400 David-Uzochukwu10 David-Uzochukwu-11-600x400 David-Uzochukwu-12-1024x682 david-uzochukwu-photography-16 david-uzochukwu-photography-17

David-Uzochukwu-5-1024x682 David-Uzochukwu-13Visto aquí.

We are the Champions

We are the Champions

O Nadal 2013-2014 vai ser un deses nadales que non imos esquecer en tempo. Como xa vides vendo dende fai unhas semanas mergullámonos no mundo “Dinahosting” e no seu concurso da felicitacións de nadal.

Agora queremos contarvos como foi esta experiencia chea de emoción e alegría para nós.

A nosa felicitación protagonizouna o bo do Ledo, o can de A, do que se podería dicir que é a parella ideal de Lassie, a cadela que mantivo en vilo ás nosas familias diante dos televisores nos 60’s. O Ledo coa súa paciencia fíxonos moi doado gravar a felicitación e a verdade  é que o noso protagonista estaba como can na auga :p diante da cámara. Un bo catering de salchichas, moitos agarimos e risas foron dabondo para convencer ó Ledo, que estivo encantado de xogar a ser o noso actor durante toda a gravación.

Aquí vos deixamos o enlace á felicitación e ás tomas falsas, para que o comprobedes.

 

O día de inicio da votación iniciamos a nosa campaña #unchuletonparaoLedo e comezamos a colapsar os vosos emails, whatsapps, facebooks… bueno eso xa o sabedes 😉  E para facer máis atractiva a promoción fixemos algunhas montaxes que gracias a vós triunfaron coma a Cocacola!

1483083_184378351762230_1332598656_n

1489249_185478404985558_1257919520_n

1528746_187154258151306_1664689756_n

1513298_187814694751929_1444161361_n

Pasamos os seguintes días comendo, durmindo e traballando co Dinahosting a voltas. Despois dunha disputada competición contra un contrincante un chisco trampulleiro logramos unha gran ventaxa en votos e fixemos a conta atrás un pouco máis tranquilas. E por fin puxéronse en contacto con nós os organizadores! Gañamos o primeiro premio do público! Happismo a tope!

E como o prometido é debeda e temos unha gran débeda con tod@s vos hoxe vos deixamos co noso Lediño e o seu particular premio. Gracias a todos, gracias ó Ledo!

 

Xa é venres, compañeir@: Anacos do Ribeiro

Xa é venres, compañeir@: Anacos do Ribeiro

Encántanos compartir con vós os traballos, proxectos e ideas de xente que coñecemos, pero moito máis cando se trata de xente da comarca.

Porque se dalgo podemos fachendear no Ribeiro é de actitude. Porque hai xente moi válida e con gañas de facer cousas.

Hoxe traémosvos o exemplo do blogue Imaxes en Anacos. O autor; un neofotógrafo (se se nos permite a expresión), ofrécenos un espazo cheo de sensibilidade, contido, raiba, beleza, pensamento, denuncia, ironía, crítica, natureza, humor… Tantas cousas que non sería doado reducilas a unha breve entrada de blog.

El mesmo describe en poucas palabras o que nos atoparemos no seu espazo (ou obra entre comiñas): fotografiando, divagando e liberando música. Nada que poida ser de interese. E nós discrepamos con esta última parte. É unha obra (sen comiñas) de moito interese.

Encendede os altavoces, poñédevos cómod@s e a disfrutar.

 

Ditology

Ditology

O dedo gordo é o máis positivo (sempre dando o “ok”),  o que se come os ovos da compra de toda a vida, o que máis lonxe nos levou parando carros en calquera estrada… Supoñemos que por esas cousas é o favorito deste deseñador italiano que se fai chamar  Dito Von Tease  e por iso elexiuno para ser o lienzo da sua obra.

Este artista plasma persoaxes  históricas e contemporáneas no seu dedo gordo e con todos eles forma o seu proxecto Ditology.

ditoGREASE DitoMicheyMouse ditoMOZART ditoMRt ditosuora

 

 

 

 

 

 

 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close