Blog : gif

Ilustrando soños

Ilustrando soños

Mert tugen é un ilustrador turco que nos ten encandiladas.

O trazo feito a man, o uso da cor e os seus fermosos gifs fan que nos enganchemos a todos e cada un dos seus personaxes.

Deixámosvos cunha selección de imaxes que nos gustaron e a súa conta de Facebook e Instagram para que buceedes nas súas obras 🙂

Ler máis

We love gifs (VII)

We love gifs (VII)

Desde hace mucho tiempo que traigo no hay gifs de entrada y hoy nos enteramos de la Monterrat Nicolas y sus tumblr  dans gif ta gueule no podíamos pasarlo por alto y dejar de compartir.

En estos gifs encontrar magia, surrealismo, humor …

Asegúrese de ver a todos!

Ler máis

Discos que cantan

Discos que cantan

Hoxe compartimos con vós un dos mellores videoclips que temos visto nos últimos tempos.

O vídeo mola pola idea, pola montaxe, pola estética… Pero sobre todo polos protagonistas, porque neste vídeo aparecen The Smiths, David Bowie, Madonna, Bob Dylan, Pink Floyd, Abba, Prince e mesmo Lou Reed. E inda non remata aquí a lista! Cando o visionedes atoparedes moitos máis artistazos.

E agora ven a pregunta… Como conseguiron reunir a semellante plantilla? Pois o segredo reside en que quen canta son as portadas máis míticas destas bandas. As protagonistas en realidade son as portadas de LP’s que, animadas polo (moi novo) director israelí Vania Heymann nos cantan e rapean un tema de Roy Kafri titulado “Mayokero”.

Atent@s á historia, que ten mensaxe! A gozar!

We love gifs (VI)

We love gifs (VI)

Si! Comezamos o novo curso e voltamos á carga cunha nova entrada de gifs (a sexta!).

Desta volta traémosvos un tumblr chamado The Gif Connoisseur, no cal varios artistas realizan gifs inspirados na pintura “The Connoisseur”  de Norman Rockwell e que representa a un home observando un cadro de Pollock. Esta obra ten desconcertad@s a centos de historiador@s que levan 50 anos tentando averiguar se o autor coa obra pretendía denunciar o movemento de Pollock ou, pola contra, demostra un gusto polo seu traballo.

Deste xeito, o tumblr cuestiona a labor d@ espectador/a que visita os cadros de museos e a maneira de “consumir” esta cultura.

Pero o blog non só nos deleita con gifs animados senón que nel tamén se intercalan frases cun carácter moi irónico (que era o que lle faltaba ó famoso anuncio de compresas) como por exemplo: “De que cor é o ceo?”, Que é o medo?” ou “Onde están os gatos?”.

A continuación deixámosvos o cadro orixinal e debaixo os gifs.

A gozar!

Visto aquí.

 

Gif+Cine

Gif+Cine

Para as persoas que nos seguides dende fai un tempiño non será un segredo que somos moi fans das animacións gif (A máis que B, teño que admitilo). E as que vos traemos hoxe molan moito, moito, porque mesturan a animación cunha das nosas paixóns: o cine.

O que vos deixamos a continuación son carteis de películas animadas por artistas anónim@s. Están moi curradas, así que non volas perdades.

A difrutar!

 

Visto aquí.

Un ilustrador moi animado

Un ilustrador moi animado

Robin Davey é ilustrador, deseñador e director (e por suposto gentleman). Despois de máis de 10 anos traballando para diferentes proxectos, axencias e empresas o seu portfolio é moi variado e rico. Ademais este artista de procedencia inglesa é moi versátil e mesmo se atreve coa animación e os gif.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do seu traballo, pero se vos quedades con gañas de máis entrade na súa web a pescudar na súa obra.

 

 

Dyson Dog from Robin Davey on Vimeo.

 

Visto aquí.

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close