Blog : gif

Kubrick & Cinemagraphs

Kubrick & Cinemagraphs

Algunha vez escoitastes falar dos cinemagraphs ou cinemagrafías? Pois como ben indica o nome, trátase dun termo a medio camiño entre cine e fotografía e consistente en imaxes a primeira vista estáticas, pero que engaden un elemento en movemento en bucle.

É un termo relativamente novo, xa que según a Wikipedia foi acuñado polos fotógrafos de moda estadounidenses Kevin Burg e Jamie Beck, a principios de 2011.  Poderiamos dicir que algún dos seus obxectivos é o de sorprender @ espectador/a e  transmitir sensacións que algunhas fotos por si soas non poden. Aquí podedes ver o traballo destos fotógrafos.

Pero neste caso, traémovos unha serie de cinemagrafías relacionadas co universo Kubrick. Porque nos pareceron tremendas. A ver se sodes capaces de identificalas todas, se non, tedes a solución aquí.

Bill Domonkos: transformando

Bill Domonkos: transformando

“Yo considero mi trabajo como una colisión y la recombinación de ideas. Mi proceso se desarrolla poco a poco y de forma espontánea, con materiales encontrados, como tomas de películas, fotografías, y el Internet. Yo experimento de combinar, modificar, editar y volver a montar utilizando la tecnología digital, efectos especiales y animación para crear un nuevo tipo de experiencia. Estoy interesado en el absurdo, así como momentos de sublime belleza de renovar y transformar materiales, experiencias e ideas. Lo extraordinario de cine es su capacidad para sugerir lo inefable, algo que no puede o no debe ser expresado en palabras, sólo insinuado a través de sonidos e imágenes. Esto es lo difícil de alcanzar, calidad de ensueño que informa mi trabajo”

Bill Domonkos

Bill-Domonkos-13

 Bill-Domonkos-12

Bill-Domonkos-11

Bill-Domonkos-9

Bill-Domonkos-7

Bill-Domonkos-5

Ilustracións en movemento

Ilustracións en movemento

Laurène Boglio é unha ilustradora e deseñadora francesa. E non sabemos cal parte do seu traballo nos gusta máis. No seu portfolio, atopamos traballos editoriais e de identidade visual nos que o tratamento tipográfico nos deixa abraiadas.

Pero hoxe queremos falar da súa faceta como ilustradora. As súas creacións aínda que minimalistas, transpórtannos a outro mundo; sobre todo os seus GIFs (formato do que algunha vez xa vos confesamos a nosa fascinación).

Así que non deixedes de visitar a súa web e o seu blog, porque o seu estilo elegante pero cun toque de humor acabará por conquistarvos como o fixo con nós.

Gifs dende Estambul

Gifs dende Estambul

Xa estabamos tardando en facer unha entrada con gifs (co que me gustan), así que hoxe que estamos de luns, despois dunha dura fin de semana na que A&B se tiveron que separar por esixencias do guión (ti a Sevilla e eu a Cans) aquí vos traemos unha entrada bastante hipnótica.

Erdal Inci é un artista afincado en Estambul que se adica maiormente á videocreación e á fotografía, inda que tamén se atreve co deseño gráfico. Para saber un pouquiño máis del podédeslle botar un ollo á súa páxina de facebook ou ó seu vimeo.

O que hoxe nos gustaría compartir con vós é esta serie de gifs animados que conseguen que te quedes co naris pegado á pantalla un bo rato.

Hoxe é luns, disfrutade en bucle infinito da procrastinación. Boa semana!

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close