Blog : humor

La gente anda diciendo

La gente anda diciendo

La gente anda diciendo é un proxecto colaborativo mediante o cal se recompilan fragmentos de conversacións escoitadas nas rúas arxentinas (nun icicio). Frases soltas, ás veces inconclusas, case sempre fóra de contexto pero que nos sacarán máis dun sorriso. Nacido en 2012, leva recompiladas máis de 100.000 frases (que se di pronto!) e vai medrando xa que cada día reciben máis e máis escoitas.

Sempre facemos fincapé en que nos gustan as ideas sinxelas. É complicado atopar a efectividade nunha idea, pero se ademais esa idea é simple, sen demasiadas florituras, esa idea engánchanos.

Esta é a descrición que fan a autora e autor do proxecto:

Somos Tatiana Goldman y Ezequiel Mandelbaum, creadores del proyecto web La Gente Anda Diciendo. La idea nació en diciembre de 2011 con un premisa simple pero ambiciosa: hacer una recopilación de miles de frases escuchadas en las calles para algún día editar un libro que reflejara de forma entretenida la manera en que hablamos. Durante 9 meses registramos unas 150 frases. Entonces, en agosto de 2012, decidimos compartir algunas en una página de facebook y una cuenta en twitter: http://www.facebook.com/LaGenteAndaDiciendo y @gentediciendo. Desde ese momento comenzamos a recibir el apoyo de cientos de miles de personas que envían lo que ellos mismos escuchan. A medida que aumentaban los seguidores, el proyecto fue cobrando notoriedad pública, siendo difundido por varios de los medios más importantes de Argentina y Latinoamérica.
Filosofía pura a pé de rúa. Mola, non?

Ler máis

O alfabeto canino

O alfabeto canino

Andrei Clompos é un artista rumano que destaca sobre todo polas súas dotes de ilustrador, non deixedes de visitar o seu perfil en Behance ou o seu Facebook.

Pero o que hoxe vos queremos presentar é un proxecto no que une a súa paixón polos cans e pola tipografía. Este artista creou un alfabeto canino no que a cada letra lle atribúe unha raza de can e explica brevemente as súas características.

A nós gustounos moito, pero só lle vemos un pequeno “erro”: cremos que o “L” debería ser de Ledo, así que lanzamos a nosa proposta:

L de Ledo_2

Ler máis

Ouro parece, plata non é

Ouro parece, plata non é

Vanessa Mckeown é unha mestra do “trampantojo“. As súas creacións caracterízanse non só por utilizar obxectos cotiás para darlles formas moi cobizosas (e apetecibles) senón tamén polo uso da cor. É unha artista que se move entre a Dirección de Arte, a Fotografía e a Escenografía. Así que non se nos ocorre unha mellor maneira de colorear esta mañá outonal que coas súas creacións. Disfruten!

E non deixedes de seguir o seu instagram!

Ler máis

Combophoto

Combophoto

Combophoto é un proxecto de Stephen McMennamy e que cumple os requisitos para encantarnos a A&B: orixinalidade e sinxeleza. Como ben o explica o nome, Combophoto consiste en combinar dúas fotografías para crear un concepto novo. É unha marabilla ver como xoga coas escalas e como, cunha idea tan sinxela consegue uns efectos ben resultóns.

Ler máis

O meu can ten unha humana

O meu can ten unha humana

As persoas que temos a sorte de compartir as nosas vidas cun compañeiro ou compañeira canin@ tamén coñecemos á perfección as partes menos románticas desta convivencia. Inda así, querémol@s como parte da familia porque o bo supera con creces o menos bo.

Pois este tema serviulle de inspiración a Rupert Fawcett para escribir e ilustrar os seus libros “The secret life of dogs” (“A vida secreta dos cans”) e “A dog’s best friend” (“O/a mellor amig@ dun can/cadela”). Viñetas que narran con humor o día a día dunha persoa con can.

Se vivides cun Ledo coma nós verédesvos moi identificad@s.

 

Ler máis

“Mitá y mitá” = Buffalo Bill Gates

“Mitá y mitá” = Buffalo Bill Gates

Buffalo Bill Gates é un nome que xa nos indica un pouco por onde van os tiros das pezas que vos traemos hoxe.

Este tmblr fusiona da maneira máis divertida personaxes coñecid@s por tod@s dando lugar a criaturas do máis variopinto. A ver se nos explicamos: que pasaría se collemos a media Yoko Ono e a medio Bono e os xuntamos mediante crt*c, ctrl*v? Pois que o resultado sería unha (ou un) Yoko Bono. Así de simple e de sublime.

Así que non vos roubamos máis tempo e como diría Gand-alf: disfrutade, insensatos.

Ler máis

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close