Blog : ilustración

Ilustrando soños

Ilustrando soños

Mert tugen é un ilustrador turco que nos ten encandiladas.

O trazo feito a man, o uso da cor e os seus fermosos gifs fan que nos enganchemos a todos e cada un dos seus personaxes.

Deixámosvos cunha selección de imaxes que nos gustaron e a súa conta de Facebook e Instagram para que buceedes nas súas obras 🙂

Ler máis

Lim Zhi Wei, arte floral

Lim Zhi Wei, arte floral

Hoxe presentámosvos a unha artista moi primaveral. Chámase Lim Zhi Wei e usa entre outras cousas acuarelas e pétalos para crear, unha mestura coa que logra un efecto moi visual e colorido.

Esta xoven artista de Malasia decidiu crear pequenas obras con obxecetos cotidiáns. Debuxa acuarelas de formato pequeno xa que non dispón de moito tempo libre para pintar grandes cadros. Con esta técnica crea bailarinas, insectos, monumentos… e loitando contra o efímero do material, imortaliza a súa obra mediante fotografías das mesmas, que son obras de arte en si mesmas.

Aquí vos deixamos a súa páxina e o seu instagram, @lovelimzy, que paga a pena seguir!

13983485090_2be0d985f4_b

Ler máis

O meu can ten unha humana

O meu can ten unha humana

As persoas que temos a sorte de compartir as nosas vidas cun compañeiro ou compañeira canin@ tamén coñecemos á perfección as partes menos románticas desta convivencia. Inda así, querémol@s como parte da familia porque o bo supera con creces o menos bo.

Pois este tema serviulle de inspiración a Rupert Fawcett para escribir e ilustrar os seus libros “The secret life of dogs” (“A vida secreta dos cans”) e “A dog’s best friend” (“O/a mellor amig@ dun can/cadela”). Viñetas que narran con humor o día a día dunha persoa con can.

Se vivides cun Ledo coma nós verédesvos moi identificad@s.

 

Ler máis

Adams Carvalho e as mulleres solitarias

Adams Carvalho e as mulleres solitarias

Adams Carvalho é un ilustrador (e animador) de São Paulo.

A súa obra salta do erotismo á soidade máis melancólica, pasando pola arrogancia e o hipsterismo. Si, todo esto escerra a obra deste brasileiro.

As súas protagonistas son na grande maioría mulleres. Mulleres espidas de cadeira para arriba, de cadeira para abaixo ou ambas. Podemos atopar mulleres con mensaxes ácidas nas súas camisolas pero tamén un rapaz na súa fixie.

E todo isto bañado con texturas vintage, cores suaves e sombras marcadas.

Podédelo seguir no seu tumbr ou no seu instagram.

tumblr_nanzuk8pnn1qgaxjko1_500 tumblr_nhd18sRQqG1qgaxjko1_500 Adams-Carvalho-15-703x1024 Adams-Carvalho-9-726x1024 10549670_711638285538291_885608044_n 10601964_440837346055976_721340795_n 10616816_615794178533073_1541755990_n 10727240_289307904598399_667702635_n Adams-Carvalho-5-724x1024 1515966_633908040039854_1819294891_n 6_20150127zvC7ms 6_20150127uJtmol 6_20150127TP2u78

Carreiras cinematográficas ilustradas

Carreiras cinematográficas ilustradas

Hoxe traémosvos unhas ilustracións moi simpáticas dun artista estadounidesnse chamado Jeff Victor.

A súa traxectoria é ampla e ten traballado para as máis grandes empresas audiovisuais (Warner Bros, National Geographic Kids, MTV, Play Station 2…) por iso vos recomendamos que entredes na súa web ou no seu blog para marabillarvos co seu traballo.

Máis hoxe, o que vos queriamos ensinar é esta xenial serie de ilustracións nas que se plasma a carreira cinematográfica dalgunas das máis famosas actrices e actores de cine. En cada unha aparecen @s protagonistas ó longo do tempo cos seus papeis máis recoñecidos. E o artista non deixa ningún detalle atrás!

A ver se @s recoñecedes a tod@s!

Jim Carrey

Uma Thurman

Bill Murray

Tom Hanks

Tim Curry

Sigourney Weaver

Rick Moranis

Nicolas Cage

Natalie Portman

Kurt Russell

Johnny Depp

Jack Nicholson

Charlize Theron

Gary Oldman

Alfonso Casas

Alfonso Casas

Alfonso Casas é un ilustrador e perdedor de tempo profesional (alomenos esta é a descripción que aparece no seu blog). Inda que para nós non só é un ilustrador xa que en moitas ocasións as palabras tamén son protagonistas nos seus debuxos. Profesionalmente ten ilustrado para xornais e revistas como El País ou Belio e ten ilustrado xa 3 comics.

As súas ilustracións son detallistas, costumbristas (no senso de que falan de sentimentos que moit@s comprendemos perfectamente) e contra a última estapa poderiamos dicir que a carga de sarcasmo aumenta notablemente. A cor non é un elemento protagonista, de feito a paleta é bastante básica, o que fai que nos fixemos máis nas liñas. O seu estilo é bastante complicado de definir, con notas de art nouveau, pop art, influencias do mundo da publicidade… Un collage de estilos e sentimentos que non nos deixa indiferentes.

E a medida que imos vendo os seus traballos nós non saberiamos con que “estilo” quedarnos, se co máis tenro ou co máis punzante. E vós?

 

 

 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close