Blog : ilustración

Muac! Clic! Ai!

Muac! Clic! Ai!

O ilustrador inglés James Chapman repite entrada nestes lares, xa que se fai case un ano nos ensinaba os sonidos de certos animais en diferentes linguas, hoxe poderemos aprender onomatopeas tales como muac!, clic! ou ring! en búlgaro, xaponés ou checo.

Todo isto apoiado por unha imaxe de trazos sinxelos pero efectiva e colorista. Xa daquelas James nos conquistara, pero agora continúa!

Hoxe, entrada educativa 😀illustrations-by-james-chapman-1-677x717 illustrations-by-james-chapman-2-677x1076 illustrations-by-james-chapman-3-677x973 illustrations-by-james-chapman-4-677x980 illustrations-by-james-chapman-5-677x978 illustrations-by-james-chapman-9-677x921 illustrations-by-james-chapman-10-677x963 illustrations-by-james-chapman-11-677x960 illustrations-by-james-chapman-12-677x1080 illustrations-by-james-chapman-13-677x1070 illustrations-by-james-chapman-17-677x1050 illustrations-by-james-chapman-18-677x937 illustrations-by-james-chapman-19-677x960 illustrations-by-james-chapman-20-677x1097

Visto aquí.

Existen dúas clases de persoas

Existen dúas clases de persoas

Cantas veces teremos escoitado a teoría popular que comeza por: “Neste mundo existen dúas clases de persoas…”

Ben, pois para propocionar a app Zomato, (que axuda a atopar un bo lugar onde comer baseándose na ubicación onde se atope @ usuari@) creáronse unha serie de ilustracións baseadas na hipótese de que existen dúas clases de persoas segundo diferentes hábitos á hora de comer.

Entretido e resultón.

E vós? Que clase de persoa sodes?

two-kinds-of-people-1-677x677 two-kinds-of-people-2-677x677 two-kinds-of-people-3-677x677 two-kinds-of-people-4-677x677 two-kinds-of-people-5-677x677 two-kinds-of-people-7-677x677 two-kinds-of-people-8-677x677 two-kinds-of-people-9-677x677 two-kinds-of-people-10-677x677 two-kinds-of-people-11-677x677 two-kinds-of-people-12-677x677

Visto aquí.

Así desbloquean o seu celular personaxes famosos

Así desbloquean o seu celular personaxes famosos

Así desbloquean su celular personajes famosos” é un proxecto levado a cabo polo ilustrador colombiano Juan Camilo Corredor, Director de Arte na revista Bacánika.

O minimal estivo, está e estará de moda. Nun intento por sintetizar ideas con trazos sinxelos, este deseñador engade un toque de humor e de modernidade ó seu proxecto, presentándonos a maneira na que iconas da cultura pop terían desbloqueado os seus teléfonos móbiles.

Un traballo redondo (fixádevos nas mangas!).

Visto aquí.

 

A dobre vida dos obxectos

A dobre vida dos obxectos

Domenicus Bahmann é un director de arte procedente de Australia, que con poucos medios e moita imaxinación é capaz de darlle ós obxectos cotiás unha dobre vida, unha dobre personalidade.

É así como convirte un plátano nun polbo (ou pulpo, para que nos entenda o alcalde do Carballiño), unha galleta nun sofá ou uns auriculares nunha clave de sol.

O resultado parécenos ben pavero, porque somos fans das ideas sinxelas.

domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta01-480x489 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta02-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta03-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta04-480x436 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta05-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta06-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta07-480x480 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta08-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta09-480x480 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta10-480x480 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta11-480x480 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta12-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta13-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta16-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta17-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta18-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta19-480x480 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta20-480x317 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta21-480x480 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta22-480x324 domenic-bahmann-mis-gafas-de-pasta23-480x480

Visto aquí.

domenicus bahmann
domenicus bahmann

domenicus bahmann
domenicus bahmann
Steve Cutts: animación satírica

Steve Cutts: animación satírica

Steve Cutts é un artista independente afincado en Londres que se especializa na animación. Estudou Belas Artes e as súas ilustracións teñen un estilo moi persoal e doado de recoñecer, cun grafismo non demasiado complexo. O que máis nos gusta del son as súas curtas de animación, as cales dota de grandes doses de crítica, sátira, polémica e sobre todo realidade, inda que ironicamente traballou para clientes como Coca-Cola, Toyota, Reebok, Sony PSP, The Guardian, Kelloggs, Philips entre outros. Pero xa sabedes como funciona isto…

Sen pretensión de entrar en debates desta índole deixámosvos co seu traballo, que seguro que vos gusta tanto coma a nós:

Coca Cola:

Reebok:

Toyota:

Cinismo ilustrado

Cinismo ilustrado

Cinismo Ilustrado é unha web creada en 2009 que fala de temas de acutalidade pero dende a crítica e baixo unha óptica ácida, sarcástica e cínica (como ben indica o nome).

O seu creador é o mexicano Eduardo Salles, quen ademais de ser o director xeral creativo da axencia de publicidade Flock publica en varias revistas. E por se todo isto fose pouco tamén ten un sitio de doodles falsos de Google.

Pero hoxe imos resaltar as ilustracións de Cinismo Ilustrado, que seguro que vos gustan e vos arrancan máis dun sorriso desos de medio lado.

E veña! Que esta semana comeza o Entroido! Ieeeepa!

1Ehumanismosigloxxi 3Elapulgaimportante cicloDEprocrastinacion e5olimpiadasdelavida e6lavidaesalta e7iconosquetejodeneldia mcsalles tumblr_ltawgwbrwC1qbogk6o1_500 tumblr_mvtik8du3E1qa4p8ho1_500 tumblr_mzk3f4lSet1qa4p8ho1_500 tumblr_mztb63Bir01qa4p8ho1_500 tumblr_n0hfioGfKl1qa4p8ho1_500 tumblr_n0mx9vtbaB1qa4p8ho1_500 tumblr_n15g93WCrG1qa4p8ho1_500 tumblr_n069882XxI1qa4p8ho1_500

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close