Blog : ilustración

No meu corpo mando eu

No meu corpo mando eu

Ola! Levamos case unha semana sen publicar porque tivemos un pequeno problemiña informático que xa nos solucionou o noso queridísimo Nicolás (graciasgraciasgracias!).

Así que hoxe voltamos á carga cun tema que nos afecta en primeira persoa e que nos preocupa especialmete (ademais de estar moi en boga estos días) : a reforma da lei do aborto do ministro Alberto Ruiz-Gallardón.

A Asociación de Autoras de Cómic ven de crear a plataforma Wombastic, un lugar onde compartir carteis, cómics e outras ilustraciónes que combatan a inxusta reforma da lei do aborto e axuden a proclamar ós catro ventos o noso dereito a decidir.

A conta de correo de AAC recibe as achegas de tod@ aquel/aquela que desexe colaborar porque o obxectivo de Wombastic, aínda que teña unha compoñente artística, é sobre todo social. O seu obxectivo é parar a lei de Gallardón e para iso calquera pode imprimir e utilizar as imaxes libremente na rúa nas próximas manifestacións e mobilizacións en contra da lei.

Nós dende aquí queremos actuar como altofalantes para espallar pola rede esta reivindicación e berrar ben alto que é o NOSO corpo e, por ende, a NOSA decisión.

tumblr_n1330d8AnR1trqy9fo1_1280 tumblr_n132totWvz1trqy9fo1_1280 tumblr_n102u68lqz1trqy9fo1_1280 tumblr_n11ht2P70Q1trqy9fo1_1280 tumblr_n11hp9eRPX1trqy9fo1_1280 tumblr_n11gipLB381trqy9fo1_1280 yo decido tumblr_n0yi4gWIKl1trqy9fo1_1280 tumblr_n0yh6jvge31trqy9fo1_1280 tumblr_n0y9jolcKz1trqy9fo1_r1_1280 tumblr_n0y8toJsvy1trqy9fo1_400 tumblr_n0y8c6i5QZ1trqy9fo1_1280 alfombra roja tumblr_n0tvx7llXb1trqy9fo1_1280 tumblr_n0wnid192Y1trqy9fo1_1280 tumblr_n0wnvp5q1e1trqy9fo1_r1_1280 tumblr_n0wp1tsGaC1trqy9fo1_1280 tumblr_n0wph6UQxf1trqy9fo1_1280 tumblr_n0mej6O4EC1trqy9fo1_1280 Print tumblr_n0ir4kfpvi1trqy9fo1_1280

O noso traballo

O noso traballo

Hai xa tempo que ás rapazas de Alto alto como unha montaña lles rondaba pola cabeza facer un conto infantil para concienciar e sensibilizar respecto ó proceso educativo dun neno/nena con TEA.

Para iso crearon Hada Esther un  conto cunhas ilustracións preciosas e moita mensaxe. Nós achegamos o noso graíño de area maquetando o libro e aquí vos deixamos a mostra do resultado final.

Ogallá veñan moitos máis traballos fesmosos coma este!

IMG_1172-2 IMG_1177 IMG_1180 IMG_1186 IMG_1190 IMG_1194

Ilustración+Realidade

Ilustración+Realidade

Como nos gustan as ideas orixinais! E sobre todo as que destacan pola súa sinxeleza. Por iso cremos que o ilustrador holandés Tineke Meirink dá no cravo con estas imaxinativas montaxes de fotografía e ilustración.

Como nos gustan as ideas orixinais! E sobre todo as que destacan pola súa sinxeleza. Por iso cremos que o ilustrador holandés Tineke Meirink dá no cravo con estas imaxinativas montaxes de fotografía e ilustración.

 

Porque… a quen non lle pasou iso de “personificar” cousas? Ou ver caras, animais, ou calquera outro obxecto nas paisaxes que nos atopamos a diario?

A nós si, e está claro que a este artista tamén:

 

Visto aquí.

Ilustracións que plasman sentimentos e pensamentos

Ilustracións que plasman sentimentos e pensamentos

Hoxe traémosvos unha ilustradora que nos encandilou non só coas súas ilustracións, senón tamén polos textos que as acompañan. Descubrímola gracias a un dos nosos blogues de referencia: mis gafas de pasta ya no están de moda.

O seu nome é Rocío Gómez Moral e no seu sitio web fai unha descrición estupenda de si mesma que cremos serve de presentación:

“O meu nome é Rocío Gómez Moral, son de Almería.

Son Licenciada en Belas Artes e actualmente estou a estudar Gráfica Publicitaria.

Dende moi pequena deixei ben claro que a miña afección polos lapis e o debuxo non quedaría aí… Adoro o debuxo, o papel en branco, a mancha de cor, deixar fluír o papel… En definitiva, gozar do debuxo e a pintura.

Plasmar sentimentos e pensamentos en cada unha das miñas ilustracións.”

Nós só podemos engadir que nos encanta. Disfrutádea!

 

 

Un fotomatón móvil

Un fotomatón móvil

Tobias Gutmann é “un ilustrador, narrador, artista e, ás veces, un deseñador gráfico, pero sobre todo un bo tipo.”

O seu último proxecto consiste nunha viaxe de 25.000 millas arredor do mundo creando retratos abstractos en 3 minutos co seu stand portátil e analógico, coñecido como a Face-o-mat.

A Face-o-mat é unha máquina moi especial. En primeiro lugar, o cliente séntase diante dunha pequena ventá semellante a un fotomatón. Logo axusta algunhas palancas para configurar o resultado do retrato, que van dende cor, branca e negra, lavada de cara, clásico ou vangardista. Posteriormente e por un módico prezo, Gutmann crea o retrato en 3 minutos. Os retratos son representacións abstractas dos modelos, ao igual que o resto da obra e as ilustracións do artista.

Todo o procedemento lévase a cabo no posto portátil que deseñou e construíu, equipado con mecanismos simples que fan que a experiencia do cliente resulte mesmo máis agradable e divertida. A Face-o-mat normalmente personalízase para que coincida co idioma e o contexto no que se instala provocando que a experiencia sexa aínda máis familiar e específica ao contexto. Xa nos gustaría que se deixase ver por Ribadavia! 😉



Visto aquí.

Kikirikí!

Kikirikí!

Hoxe traémosvos unha entrada moi educativa, xa que gracias ó ilustrador inglés James Chapman imos aprender que a rá en polaco fai “Kum-kum”, que o porco en albano fai “Hunk”, que o cabalo en ruso fai “I-go-go” ou que os ratos suízos fan “Pip-pip”.

abellas cabalos can galos gatos patos paxaros porquiños ras ratos vacas

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close