Blog : ilustración

Unha curta interactiva

Unha curta interactiva

Fai aproximadamente un mes falabámosvos do director canadiense Vincent Morisset nunha das nosas entradas. Ben, pois hoxe ímolo recordar, porque querémosvos presentar un corto interactivo da súa autoría titulado Bla Bla.

Vincent Morisset é un realizador nacido en Montreal e que creou a axencia AATOAA, adicada ó que el define como “interacción cinematográfica”. O seu traballo céntrase en proxectos web ademais de realizar numerosos videoclips e curtametraxes animadas.

Bla bla é unha curta interactiva que explora os principios fundamentais da comunicación humana. O espectador fai que a historia sexa posible: sen el ou ela, os personaxes permanecen inertes, esperando a próxima interacción.Cada un dos seis capítulos da historia representa un aspecto diferente da comunicación e ilustra estos aspectos a través de personaxes entrañables e un chisco desconcertantes.

“BLA BLA utiliza a xerografía sobre papel, animacións de ActionScript xerado, monicreques para estudar o movemento e cartografía 3D en tempo real”, explica Morisset. “Quería crear estados de ánimo e xerar emocións a través dunha peza interactiva. É moi difícil facer crescendos dramáticos nun sitio web… Pensei que sería un reto interesante”.

Trátase dunha peza de interacción moi intuitiva na poderiamos destacar os efectos de son e o deseño dos personaxes. E dende aquí animámosvos a que xoguedes clicando aquí. Boa semana a tod@s!

 

BLA-BLA-1Blabla_web_7blabla_web_dim4_0  Screen-Shot-2011-11-10-at-10.05.33-AM-e1320937604817 tumblr_lm6d6eVwPY1qclyefo1_500blabla_photo_famille_bw

E aquí o making of:

Visto aquí.

Adiviña, adiviñanza…

Adiviña, adiviñanza…

Sabemos que xa fixemos noutras ocasións  publicacións deste tipo pero gústanos plantexarvos retos!

Neste caso o autor é o brasileiro Frederico Santana Birchal e  o xogo de estilo minimal consiste en adiviñar de quen nos están a falar coas ilustracións das roupas de diversos personaxes que marcaron a historia da música, do cine, da tv…

Non vos imos dar máis pistas e…. A xogar!

trajes-famosos01-480x630 trajes-famosos04-480x630 trajes-famosos05-480x630 trajes-famosos06-480x630 trajes-famosos07-480x630 trajes-famosos08-480x630 trajes-famosos09-480x630 trajes-famosos10-480x630 trajes-famosos11-480x630 trajes-famosos12-480x630 trajes-famosos13-480x630 trajes-famosos14-480x630 trajes-famosos15-480x630 trajes-famosos16-480x630 trajes-famosos17-480x412 trajes-famosos18-480x630 trajes-famosos20-480x630 trajes-famosos21-480x630

Ilustrando un dereito

Ilustrando un dereito

Tras o trato recibido en Rusia cara ós e ás homosexuais, a axencia Anna Agencia Ilustración Goodson decidiu plasmar a súa opinion ó respecto en ilustracións. Eles din que querían facer unha declaración de opinión e así demostrar ó mundo que a súa axencia e os ilustradores que a forman “non son compatibles coa discriminación ou a violencia de calquera tipo, independentemente da súa relixión, raza ou orientación sexual”.

Deixámosvos s a nosa selección de deseños, pero se queredes ver outros premede neste enlace.

g1isabelleCardinal

Isabel Cardinal

g5marisamorea

Marisa Morea

g9MarieLafrance

Marie Lafrance

g13pablo

Pablo

g20rebeccagreen

Rebecca Green

gportadaGrems

Grems

russia-ok

Mar Hernández

mm_freetolove

Moira Millman

putin

Katrin Funcke

pencils2

 

Daniel Stolle

Un ilustrador moi animado

Un ilustrador moi animado

Robin Davey é ilustrador, deseñador e director (e por suposto gentleman). Despois de máis de 10 anos traballando para diferentes proxectos, axencias e empresas o seu portfolio é moi variado e rico. Ademais este artista de procedencia inglesa é moi versátil e mesmo se atreve coa animación e os gif.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do seu traballo, pero se vos quedades con gañas de máis entrade na súa web a pescudar na súa obra.

 

 

Dyson Dog from Robin Davey on Vimeo.

 

Visto aquí.

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Benvid@s a un venres máis en boa compaña!

Esta semana querémosvos presentar a Séchu Sende.

Séchu é unha persoa que onde vai deixa pegada. Polo seu compromiso, pola súa proximidade, pola súa palabra, polas súas ilustracións…

Séchu é escritor, profesor, poeta, ilustrador, pai, sociolingüista, domador de pulgas, galegofalante… Unha chea de cousas!

Así que vos convidamos a que visitedes o seu caderno de traballo aquí e vexades todas as cousas fermosas que nos pode aprender.

Boa fin de semana a tod@s!


Creatividade&Sinxeleza

Creatividade&Sinxeleza

Alex Solis é un ilustrador de Chicago que nos demostra que con pouco se pode conseguir moito e que a creatividade é unha estupenda arma.

Se lle botades unha ollada ó seu site veredes que ademais dunha boa dose de creatividade, o artista conta cunha estupenda serie de ilustracións. Pero na serie que vos traemos hoxe o que prima é a imaxinación. Obxectos do día a día, papel, boli ou mans son os seus materiais. Botádelle un vistazo!

Visto aquí.

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close