Blog : instalación

As paranoias de John Trashkowsky

As paranoias de John Trashkowsky

John Kowsky (aka John Trashkowsky), é un artista que gosta de usar a acidez, a crítica e a ironía nas súas obras.

As súas instalacións son sinxelas, máis o trasfondo e idea que encarnan vai moito máis alá. Podemos dicir que fai arte contemporáneo posto que fala de psicoses, ansias, paranoias… un reflexo fiel da sociedade na que vivimos.

Para coñecer un pouco máis a súa obra visitade a súa web aquí.

Ler máis

Etienne Lavie, arte coma substituta da publicidade

Etienne Lavie, arte coma substituta da publicidade

Elienne Lavie é un artista francés cuxa obra máis destacada ata o momento consistiu en retirar de diferentes soportes publicitarios a publicidade habitual e substituíla por obras de arte clásicas. A súa exposición púidose ver en dúas grandes cidades, Milán e París.

O resultado chama a atención: saca á rúa obras que só poderiamos ver en grandes museos e tráeas ás cidades achegándoas a todos os públicos. O nome do proxecto é ” OMG quen roubou os meus anuncios?” e na web do autor podedes ver máis das súas obras.

Agardamos que vos guste!

 




etienne-lavie-9

etienne-lavie-8

etienne-lavie-3

etienne-lavie-4

etienne-lavie-5

etienne-lavie-6

etienne-lavie-7

etienne-lavie-2

 

Unha curta interactiva

Unha curta interactiva

Fai aproximadamente un mes falabámosvos do director canadiense Vincent Morisset nunha das nosas entradas. Ben, pois hoxe ímolo recordar, porque querémosvos presentar un corto interactivo da súa autoría titulado Bla Bla.

Vincent Morisset é un realizador nacido en Montreal e que creou a axencia AATOAA, adicada ó que el define como “interacción cinematográfica”. O seu traballo céntrase en proxectos web ademais de realizar numerosos videoclips e curtametraxes animadas.

Bla bla é unha curta interactiva que explora os principios fundamentais da comunicación humana. O espectador fai que a historia sexa posible: sen el ou ela, os personaxes permanecen inertes, esperando a próxima interacción.Cada un dos seis capítulos da historia representa un aspecto diferente da comunicación e ilustra estos aspectos a través de personaxes entrañables e un chisco desconcertantes.

“BLA BLA utiliza a xerografía sobre papel, animacións de ActionScript xerado, monicreques para estudar o movemento e cartografía 3D en tempo real”, explica Morisset. “Quería crear estados de ánimo e xerar emocións a través dunha peza interactiva. É moi difícil facer crescendos dramáticos nun sitio web… Pensei que sería un reto interesante”.

Trátase dunha peza de interacción moi intuitiva na poderiamos destacar os efectos de son e o deseño dos personaxes. E dende aquí animámosvos a que xoguedes clicando aquí. Boa semana a tod@s!

 

BLA-BLA-1Blabla_web_7blabla_web_dim4_0  Screen-Shot-2011-11-10-at-10.05.33-AM-e1320937604817 tumblr_lm6d6eVwPY1qclyefo1_500blabla_photo_famille_bw

E aquí o making of:

Visto aquí.

“Errata corrige”

“Errata corrige”

Ekaterina Panikanova deulle vida a libros vellos elixíndoos como os lienzos da súas obras. Libros vellos ou libros xa sen uso substituídos por e-books son os que forman a súa obra chea de figuras psicolóxicas e recordos da infancia, que son as claves desta colección.

A artista rusa mezcla á perfección a pintura, o collage e a arte da reciclaxe. Porque calquera cousa pode ter máis dunha vida, só fai falla botarlle imaxinación.

 

Ekaterina-Panikanova-yatzer-14 fin panikanova-1 panikanova-3 panikanova-4 panikanova-6 panikanova-9

O crack consome

O crack consome

Este é o nome dunha campaña bastante impactante que desarrollou a axencia de publicidade Talent de Brasil para Associaçao Parceria Contra Drogas.

E eso foi exactamente o que mostraron coa súa acción: a maneira na que o consumo desta droga pode afectar (e destruír) o organismo.

A instalación consistía nunha serie de carteis impresos en masa que contiñan no seu interior vermes que ían pouco a pouco consumindo esa masa. O efecto é realmente impactante e gráfico.

Os carteis foron colocados nun centro comercial moi frecuentado por xente nova e que está situado nunha zona na que se trafica e se consume crack.

O resultado tédelo aquí en vídeo:

Crack Consumes from Malabar Filmes on Vimeo.

Visto aquí.

 

 

O corpo como lienzo

O corpo como lienzo

Alexa Meade é unha artista estadounidense de 27 anos que poderiamos clasificar entre a fotografía, a instalación, a performance e a pintura. En lugar de usar o lienzo como base, Meade pinta directamente sobre os corpos dos seus suxeitos, dando a impresión de que estos son unha pintura dentro da obra mesma.

As súas obras gozan dun gran realismo, xa que moitas veces non seriamos capaces de descifrar se se trata dun lienzo ou un corpo. O corpo pasa a convertirse nunha figura bidimensional.

Xulgade por vós mesm@s:

AlexaMeade_9 AlexaMeade_10 AlexaMeade_11 AlexaMeade_8 AlexaMeade_7 AlexaMeade_3 AlexaMeade_4 AlexaMeade_5 AlexaMeade_6 AlexaMeade_1 AlexaMeade_2

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close