Blog : interactividade

Interactúa con Acade Fire

Interactúa con Acade Fire

Arcade Fire é unha banda canadiense de rock alternativo ( Wikipedia dixit), inda que nós cremos que a súa música é un chisco máis complicada de clasificar xa que engaden instrumentos coma o violín, a viola, o violonchelo, o piano, a mandolina, o ukelele, o acordeón, o xilófono e mesmo a zanfona, cousa que nos chamou moito a atención.

Pero hoxe non queremos falar da súa música, senón máis ben do seu último videoclip, porque é recomendable estar pendiente dos lanzamentos desta banda xa que normalmente son bombazos.

A orixinalidade radica en que a maioría dos seus videoclips requiren dunha visualización activa, é dicir, precisan da participación de quen está a ver o vídeo. Esta tendencia comezou con Neon Bible (quizais o máis sinxelo) e continuou con We Used to Wait, un experimento feito conxuntamente con Google, no que utilizando a ferramenta de xeolocalización de Google Maps, @ usuari@ introduce o nome do seu barrio do que máis tarde aparecerán imaxes de satélite dentro das diferentes ventanas que se van abrindo no vídeo.

E a partir deste mes de setembro podemos disfrutar da súa última peza: Just a Reflektor, un vídeo grabado íntegramente en Haití e dirixido por Vincent Morisset, un home do que voltaremos a falar, xa que ten traballos moi, moi interesantes.

Así que encendede a web cam e non sexades tímid@s co rato (recomendamos o uso de Chrome). Ah! e no smartphone tamén podedes disfrutal del!

E se non vos convence demasiado, podedes probar coa versión clásica:

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close