Blog : invitaciones boda

Invitacións de voda moi orixinais

Invitacións de voda moi orixinais

Fai pouco ensinabámosvos unhas invitacións de voda que fixemos para unha compañeira (podedes velas premendo aquí), e hoxe, navegando pola rede, atopamos estas outras invitacións que van un chisco máis alá. Trátase de pósters de película “tuneados” e adaptados ó casamento desta parella norteamericana. Neles, mesmo contaron coa axuda de amig@s para facer cameos nas fotografías.

Os pósters utilizáronos de invitación, pero ademais a presentación era nunha caixa de dvd na que regalaban un cd coa música favorita da parella. E o resultado é bastante divertido (nalgúns casos máis que noutros).

 

Visto aquí.

 

 

O noso traballo: invitacions de voda

O noso traballo: invitacions de voda

Gústannos as vodas con personalidade e imaxe propia. E os nosos clientes desta invitación tamén o tiñan claro, querían algo diferente que os identificase e á vez fose orixinal e divertido.

O consenso foi rápido e o resultado fala por si mesmo.

Gracias a Ana e a Rob por facernos participar dese día tan bonito! Love is in the air!

 

20130625_11183220130625_11192520130625_112348 (1)

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close