Blog : mit

O noso traballo para a 30 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

O noso traballo para a 30 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Como xa saberedes a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia é unha data  sinalada tanto para A coma para B. Para nós MIT sempre é especial e gozámola como nenas. E este ano ademáis temos unha razón de peso para que o sexa inda máis: o cartel e o programa deseñámolo nós!

Cando hai meses Roberto Pascual, o director da MIT, nos chamou para facernos este encargo invadiunos a euforia e tamén os nervios por querer facer un moi bo deseño.

Despois de semanas de moito traballo, reunións e probas, atopamos nesta imaxe a identidade do 30 aniversario da MIT, aniversario onde a música é a protagonista e por iso tamén debía ser dalgún xeito a protagonista do deseño.

Agardamos os vosos comentarios, queremos saber que vos parece para continuar aprendendo!  E tamén agardamos que veñades por Ribadavia nestes días nos que  ás pedras da nosa vila invádelles a arte.

IMG_7471

IMG_7473

IMG_7478


Se queredes ver o programa completo da MIT 2014 premede AQUI

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close