Blog : nadal

Feliz 2018

Feliz 2018

A nosa musa volve para axudarnos a desexarvos unhas boas festas e que o 2018 sexa un gran ano
Vémonos ghastando pista! Feliz 2018!!

 

Concurso!!

Concurso!!

A piques estamos de entrar no Nadal e de despedir este marabilloso 2014 que tan ben se portou con nós. E tod@s sabedes o que esto significa: botar a vista atrás e facer unha valoración deste ano que nos deixa. A partir de agora e no que queda de ano coñeceremos as listas das mellores películas, as mellores cancións, os mellores memes e calquera outra clasificación baixo o indicativo “@ mellor ….. de 2014” ou “@s 10 mellores ….. de 2014”.

Non vos preocupedes, que nós non imos facer unha lista, nós o que preparamos é un concurso!! Si! Porque estamos moi contentas e queremos que este 2014 remate con risas, porque o 2015 vai ser unha festa 🙂

E como unha das cousas que pasarán á historia por formar parte deste 2014 cremos que foron os selfies, o noso concurso vai tratar diso mesmo: Selfies!! Pero de Nadal, que non se diga que non somos festeiras e que non nos encanta calquera data que implique comer e beber elegantemente.

E sen máis dilación deixámosvos coas bases do concurso #selfienadalAEB:

1. Tédesvos que retratar coas vosas mellores galas de Nadal e etiquetarvos co hastag #selfienadalAEB. Ademais tédesnos que etiquetar a A&B Comunicación e Deseño na vosa foto (para que a poidamos ver)

2. Podedes participar a través de Facebook ou Instagram

3. É imprescindible que sexades seguidor@s das nosas contas en Instagram ou Facebook

4. Datas: o concurso comeza hoxe venres 19 de decembro e remata o 6 de xaneiro ás 00.00 horas

5. A decisión de cal será o selfie gañador será por vontade popular. O día 7 de xaneiro crearemos un álbum de fotos na nosa conta de Facebook no que colgaremos todos os vosos selfies. A fotografía que máis “Gústames” acade será a gañadora. O prazo pra votar irá do 7 ó 14 de xaneiro.

PREMIAZOS!

  • Un estoxo de tres botellas de Santo André
  • Unha impresión da foto gañadora
  • E un agasallo sorpresa (chan, chan, chan!)

 

Xa estamos desexando ver as vosas creacións! Fotografiádevos! Deixádevos ver! Dientes, que é o que nos encanta!!

selfie nadal_A&B

 

O noso traballo: Como na casa, en ningures

O noso traballo: Como na casa, en ningures

Como o Nadal xa está petando na porta, o Concello de Ribadavia presentou hoxe o seu programa de actividades para estas datas, e dentro desas actividades atopábase a “estrea oficial” dun spot que nos encargaron para potenciar o comercio local en Ribadavia.

A idea que se pretende transmitir con este pequeno vídeo é a de cercanía e familiaridade, as características máis potentes do comercio local. E en Ribadavia está claro que @s comerciantes e emprendedor@s nos coidan a base de ben, así que… nós este Nadal mercamos en Ribadavia!

E antes de deixarvos co vídeo gustaríanos agradecer moi efusivamente a colaboración de Garabato Photo, Banathlon, Vilafit, Mosquera e Hijos, S.L., Floravia, El Vestidor de Silvia, Magna Gea, Entretempos, Alucina Lacena e Café-Concerto Son. Gracias por abrirnos as portas dos vosos estabñecementos e por “prestarnos” as vosas dotes interpretativas. Ribadavia, vila de artistas!!

 

We are the Champions

We are the Champions

O Nadal 2013-2014 vai ser un deses nadales que non imos esquecer en tempo. Como xa vides vendo dende fai unhas semanas mergullámonos no mundo “Dinahosting” e no seu concurso da felicitacións de nadal.

Agora queremos contarvos como foi esta experiencia chea de emoción e alegría para nós.

A nosa felicitación protagonizouna o bo do Ledo, o can de A, do que se podería dicir que é a parella ideal de Lassie, a cadela que mantivo en vilo ás nosas familias diante dos televisores nos 60’s. O Ledo coa súa paciencia fíxonos moi doado gravar a felicitación e a verdade  é que o noso protagonista estaba como can na auga :p diante da cámara. Un bo catering de salchichas, moitos agarimos e risas foron dabondo para convencer ó Ledo, que estivo encantado de xogar a ser o noso actor durante toda a gravación.

Aquí vos deixamos o enlace á felicitación e ás tomas falsas, para que o comprobedes.

 

O día de inicio da votación iniciamos a nosa campaña #unchuletonparaoLedo e comezamos a colapsar os vosos emails, whatsapps, facebooks… bueno eso xa o sabedes 😉  E para facer máis atractiva a promoción fixemos algunhas montaxes que gracias a vós triunfaron coma a Cocacola!

1483083_184378351762230_1332598656_n

1489249_185478404985558_1257919520_n

1528746_187154258151306_1664689756_n

1513298_187814694751929_1444161361_n

Pasamos os seguintes días comendo, durmindo e traballando co Dinahosting a voltas. Despois dunha disputada competición contra un contrincante un chisco trampulleiro logramos unha gran ventaxa en votos e fixemos a conta atrás un pouco máis tranquilas. E por fin puxéronse en contacto con nós os organizadores! Gañamos o primeiro premio do público! Happismo a tope!

E como o prometido é debeda e temos unha gran débeda con tod@s vos hoxe vos deixamos co noso Lediño e o seu particular premio. Gracias a todos, gracias ó Ledo!

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close