Blog : o noso traballo

O noso traballo: deseño WEB

O noso traballo: deseño WEB

Tes unha paxina WEB anticuada á que llequeres dar unha volta? Ou quizás queres que o teu negocio ou servizo comece a ser visible e a vender por internet? Pois nós podémoste axudar! Un dos servizos que ofrecemos dende a nosa empresa é o deseño ou redeseño WEB, e para ensinarvos o noso traballo hoxe deixámosvos neste enlace co blogue creado para o proxecto Ribeiro Do Miño, un programa integrado para o emprego, promovido polos concellos de Toén, Cenlle e Castrelo de Miño e subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Ler máis

O noso traballo: no CCA do Ribeiro querémoste!

O noso traballo: no CCA do Ribeiro querémoste!

Xa se achega o (fermoso e romántico para uns/unhas e empalagoso e consumista para outr@s) día de San Valentín, e o Centro Comercial Aberto do Ribeiro queren agradecer que fagamos as nosas compras no mercado local sorteando unha chea de cousas para dous.

E nós agradecemos que confiaran en nós para o deseño do cartaz da campaña do 14 de febreiro.

Así que se queredes entrar no sorteo dunha cea, unha masaxe con ciucuíto termal ou un aloxamento con almorzo incluído xa sabedes, a consumir no comercio local, que ademais así gañamos tod@s.

Love is in the air!

portada facebookcartaz redes sociales

O noso traballo: deseño de etiquetas

O noso traballo: deseño de etiquetas

Fai xa un tempo fixemos un deseño para a colleita 2013 da Adega Pousadoiro.  Por fin hoxe chegounos a proba do gran viño de Alfredo e antes de catalo queremos compartir con vós o deseño da súa  etiqueta.

Para o deseño había unha premisa: non abandoar a imaxe da fada, xa que xa é un dos símbolos da adega. Tiñamos que  integrala nun contexto e eleximos este arbore e engadimos ó deseño a cor plata xa que lle da un toque de elegancia digno deste gran viño.

Gracias Alfredo por confiar en nós.

Esperamos que vos guste!

Sin título-1 Sin título-2

Sin título-3

Sin título-4

 



 

 

O noso traballo: Ruta do Viño do Ribeiro

O noso traballo: Ruta do Viño do Ribeiro

Nesta fin de semana temos unha boa oportunidade para coñecer a cultura do viño no Ribeiro. A asociación da Ruta do Viño do Ribeiro organiza un ano máis as xornadas de portas abertas cunha chea de boas opcións para disfrutar do Ribeiro con todos os sentidos.

Estas opcións e actividades veñen resumidas nun tríptico que nos encargaron para o cal tivemos que adaptar o cartaz común da campaña, que aportou a Xunta de Galicia a todas as denominacións de orixe onde se celebran estas xornadas.

Ademáis do díptico unha das actividades estrela é este Pasaporte Interviños co que poderás gañar moitos grandes premios. Como di o seu lema: participa e gaña!

IMG_5211 IMG_5212 IMG_5209

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close