Blog : ourense

O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar

O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar

Un ano máis o concello de Castrelo de Miño presenta as súas festas gastronómicas e os seus Ribeiros en Xantar, o 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar do 4 ao 8 de marzo en Ourense (ou sexa que este fin de semana xa tedes plan culinario!)

Para promovelos encargáronnos estes flyers onde presentan ademáis os carteis das festas gastronómicas do concello para este ano 2015 (feitos tamén por nós): a festa da Anguía, a da Rosquilla e a da Codorniz.

Castrelo móvese, aposta polo seu, o local. Por iso é un concello que logra diferenciarse do resto. E xa sabedes que se queredes saber máis deste concello e a súa gastronomía espéranvos cos brazos abertos en Xantar 2015.

Que aproveite!

Ler máis

Cartaces a concurso!

Cartaces a concurso!

Un ano máis a coordinadora da Festa da Istoria buscaba a imaxe que promovería a festa deste ano, o cartel anunciador.

Nós, por primeira vez dende que existe este concurso, presentámonos con varias propostas e… non gañamos! oooohhhh! Pero encántanos o cartel gañador, todo hai que dicilo!

Para o ano máis e mellor!

Esperamos comentarios coa vosa opinión! Graciñas

cartel 1 enviar

cartel 2 enviar

festa da istoria2014_1

festa da istoria2014_2

 

 

E a continuación o cartaz  gañador feito por Alfredo León Mañú de Aoiz-Navarra, un gran traballo.

10462720_769084233136539_97424205552295530_n

 




 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

O mundo móvese gracias a grandes e pequenas ideas e hoxe, na nosa sección ” Xa é venres, compañeir@! “, querémosvos presentar La Gran idea.

Esta empresa naceu en Ourense xa fai uns aniños e hoxe vai participar non Pechakucha da cidade, razón de máis para que falemos dela no noso blog. Elena é a cabeza pensante desta idea. Ela é xornalista e desfrutou toda a vida organizando todo tipo de actividades ou eventos así que se lanzou ó mundo empresarial e creou ” La gran idea”. No seu blog describe de forma moi sinceira o seu producto e servizos, sinceira digo xa que como ela di en ocasións  tira pedras sobre o seu propio tellado.

Hoxe á noite terá 20 imaxes e 20 segundos para mostrarnos a súa grande idea, e dende aquí desexámoslle moita sorte aínda que seguramente vaiamos a desexarlla en persoa e por fin vernos as caras. Alguén máis se ven?

FOTOPORTADA

 

LOGO300

 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close