Raubdruckerin (pirate printer/impresión pirata) é un proxecto de 4 artistas alemáns que foron capaces de atopar moita beleza nas rúas da súa cidade utilizando o espazo urbán máis alá da súa función habitual. A idea, por simple e por por poética é unha das que máis nos teñen chamado a atención en moito tempo.
Estes artistas adícanse a realizar estampacións de patróns que atopan principalmente en alcantarillados sobre diferentes lienzos, simplemente entintando a superficie cun rodete e transferindo a imaxe. Así crean camisetas, bolsos e pezas únicas e propias de cada cidade.
Teñen pasado por París, Berlín, Ámsterdam e Lisboa. E deseños que para moita xente pasan por alto para eles é unha fonte de inspiración enorme. Cada impresión ten lugar na rúa, no espazo propio do patrón, por iso que este traballo tamén conta cun certo cartacter performativo.
Orixinal, non credes?