Blog : pintura

We love gifs (VI)

We love gifs (VI)

Si! Comezamos o novo curso e voltamos á carga cunha nova entrada de gifs (a sexta!).

Desta volta traémosvos un tumblr chamado The Gif Connoisseur, no cal varios artistas realizan gifs inspirados na pintura “The Connoisseur”  de Norman Rockwell e que representa a un home observando un cadro de Pollock. Esta obra ten desconcertad@s a centos de historiador@s que levan 50 anos tentando averiguar se o autor coa obra pretendía denunciar o movemento de Pollock ou, pola contra, demostra un gusto polo seu traballo.

Deste xeito, o tumblr cuestiona a labor d@ espectador/a que visita os cadros de museos e a maneira de “consumir” esta cultura.

Pero o blog non só nos deleita con gifs animados senón que nel tamén se intercalan frases cun carácter moi irónico (que era o que lle faltaba ó famoso anuncio de compresas) como por exemplo: “De que cor é o ceo?”, Que é o medo?” ou “Onde están os gatos?”.

A continuación deixámosvos o cadro orixinal e debaixo os gifs.

A gozar!

Visto aquí.

 

Graffiti 3D

Graffiti 3D

Ultimamente sentímonos cautivadas polo mundo do graffiti, porque dende que puidemos descubrir polo miudo esta arte gracias ó proxecto G+V, estamos algo enganchadas.

E ivestigando pola rede atopamos un proxecto moi interesante desarrollado polo artista orixinal de Miami Alex Yanes, que consiste (nin máis nin menos) que nun graffiti en 3 dimensións. É dicir, engádelle relieve á obra, o graffiti sae da parede.

O resultado é moi interesante e a obra final destaca non só polas cores e os deseños, senón tamén polo valor engadido da terceira dimensión.

Pero mellor é que o comprobedes por vós mesm@s:

graffitti3d graffitti3d1graffitti3d2 graffitti3d3 graffitti3d4 graffitti3d5 graffitti3d6 graffitti3d7 graffitti3d8 graffitti3d9

Visto aquí.

Etienne Lavie, arte coma substituta da publicidade

Etienne Lavie, arte coma substituta da publicidade

Elienne Lavie é un artista francés cuxa obra máis destacada ata o momento consistiu en retirar de diferentes soportes publicitarios a publicidade habitual e substituíla por obras de arte clásicas. A súa exposición púidose ver en dúas grandes cidades, Milán e París.

O resultado chama a atención: saca á rúa obras que só poderiamos ver en grandes museos e tráeas ás cidades achegándoas a todos os públicos. O nome do proxecto é ” OMG quen roubou os meus anuncios?” e na web do autor podedes ver máis das súas obras.

Agardamos que vos guste!

 




etienne-lavie-9

etienne-lavie-8

etienne-lavie-3

etienne-lavie-4

etienne-lavie-5

etienne-lavie-6

etienne-lavie-7

etienne-lavie-2

 

Retratos orixinales

Retratos orixinales

Benjamin Shine é un artista britanico o que lle gusta facer retratos en soportes diferentes.  O seu último traballo chamase Slow Motion e tratase de retratos feitos en tela de tull. Nos hoxe vos queremos ensinar esta serie pero se querédes indagar máis sobre este artista podedes facelo na súa web.

Esta serie  comezo co retrato de Rembrandt e despois de 200 horas de duro traballo  Benjamin veu a sua gran obra rematada. Foi un gran exito e continuou traballando neste tipo de retratos. Antes diso este artista foi moi coñecido polo retrato que fixo de Obama. Quiso representar o politico  a partir de material de una bandera de Estados Unidos e a idea gustou moito e foi usada na campaña presidencial de 2008 no merchandising.

Moda, textiles e ideas constructivas continúan formando o estilo de Benjamin. A súa  ampla visión creativa, o seu  enfoque de diseño multi-disciplinado que busca a  innovación é a orixinalidad fan del un artista diferente.

Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-1-600x440 Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-4-600x440 Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-5-600x402 Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-6-600x440 Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-7-600x440 Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-8-600x440 Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-9-600x776 Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-10-600x440 Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-11-600x440 Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-12-600x440 Paintings-with-Sheet-Folded-Benjamin-Shine-13-600x440

 

 

Ilustracións que plasman sentimentos e pensamentos

Ilustracións que plasman sentimentos e pensamentos

Hoxe traémosvos unha ilustradora que nos encandilou non só coas súas ilustracións, senón tamén polos textos que as acompañan. Descubrímola gracias a un dos nosos blogues de referencia: mis gafas de pasta ya no están de moda.

O seu nome é Rocío Gómez Moral e no seu sitio web fai unha descrición estupenda de si mesma que cremos serve de presentación:

“O meu nome é Rocío Gómez Moral, son de Almería.

Son Licenciada en Belas Artes e actualmente estou a estudar Gráfica Publicitaria.

Dende moi pequena deixei ben claro que a miña afección polos lapis e o debuxo non quedaría aí… Adoro o debuxo, o papel en branco, a mancha de cor, deixar fluír o papel… En definitiva, gozar do debuxo e a pintura.

Plasmar sentimentos e pensamentos en cada unha das miñas ilustracións.”

Nós só podemos engadir que nos encanta. Disfrutádea!

 

 

Moedas Pop

Moedas Pop

“Tales You Lose” é un proxecto ideado polo deseñador brasileiro Andre Levy que consiste en “disfrazar” as caras das moedas. O artista comezou a pintar sobre moedas coleccionadas nas súas viaxes, para “engadir ás pequenas esculturas masivamente reproducidas outros relatos que contar”.

Vaia, que podemos ver a Franco, ó rei ou a gobernantes e persoeiros doutros países disfrazados de Krusty, Skeletor ou Amelie. Moi divertido!

Tamén o podedes seguir na súa páxina de Facebook ou Instagram.

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close