Blog : publicidade

Existen dúas clases de persoas

Existen dúas clases de persoas

Cantas veces teremos escoitado a teoría popular que comeza por: “Neste mundo existen dúas clases de persoas…”

Ben, pois para propocionar a app Zomato, (que axuda a atopar un bo lugar onde comer baseándose na ubicación onde se atope @ usuari@) creáronse unha serie de ilustracións baseadas na hipótese de que existen dúas clases de persoas segundo diferentes hábitos á hora de comer.

Entretido e resultón.

E vós? Que clase de persoa sodes?

two-kinds-of-people-1-677x677 two-kinds-of-people-2-677x677 two-kinds-of-people-3-677x677 two-kinds-of-people-4-677x677 two-kinds-of-people-5-677x677 two-kinds-of-people-7-677x677 two-kinds-of-people-8-677x677 two-kinds-of-people-9-677x677 two-kinds-of-people-10-677x677 two-kinds-of-people-11-677x677 two-kinds-of-people-12-677x677

Visto aquí.

Etienne Lavie, arte coma substituta da publicidade

Etienne Lavie, arte coma substituta da publicidade

Elienne Lavie é un artista francés cuxa obra máis destacada ata o momento consistiu en retirar de diferentes soportes publicitarios a publicidade habitual e substituíla por obras de arte clásicas. A súa exposición púidose ver en dúas grandes cidades, Milán e París.

O resultado chama a atención: saca á rúa obras que só poderiamos ver en grandes museos e tráeas ás cidades achegándoas a todos os públicos. O nome do proxecto é ” OMG quen roubou os meus anuncios?” e na web do autor podedes ver máis das súas obras.

Agardamos que vos guste!

 




etienne-lavie-9

etienne-lavie-8

etienne-lavie-3

etienne-lavie-4

etienne-lavie-5

etienne-lavie-6

etienne-lavie-7

etienne-lavie-2

 

O Día C. Certame da creatividade española

O Día C. Certame da creatividade española

Esta fin de semana tivo lugar a 11 edición do Día C en Iruña. Para quen non o coñeza, o Día C é un certame organizado por CdeC (Club de Creativos) , e nel ponse en valor e prémiase a calidade dos creativos e creativas españolas. Seleccionáronse 173 pezas para o XV Anuario da Creatividade e entregáronse 45 premios: 11 ouros, 15 platas e 19 bronces. O Gran Premio da creatividade española recaeu en Live True, de &Ròsas para a marca de whisky escocés Dewar’s. Todos estos datos son un síntoma de que no Estado español estanse a facer moitas e moi boas cousas, con carácter  e calidade. A continuación mostrámosvos algunhas das pezas premiadas, pero se queredes comprobar o palmarés completo podédelo facer premendo aquí.

 

Gran Premio da creatividade española (Live True, de &Ròsas)

 

Ouro en realización (Dioramas, de SCPF)

 

Ouro en produción interactiva (Luna, de Ogilvy One)

Ouro en ideas (Ropa comprometida, de La Despensa Ingredientes Creativos)

Ouro en ideas e ouro en redacción (Discover satanism, de China)


¿Quén é perfect@?

¿Quén é perfect@?

A perfección non existe e baixo esta premisa nace a campaña de publicidade que vos queremos presentar hoxe.

Esta campaña promovida pola organización Pro infirmis móstranos como tod@s somos diferentes dunha manera atrevida e valiente. É unha campaña que o que busca é dar que falar e así nos percatemos (que xa vai sendo hora) de que as persoas con discapacidade forman parte da sociedade e deben ser visibles, non ignoradas. Permítenos reflexionar sobre a súa aceptación.

Esta foi unha campaña con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade deste ano, o 3 de decembro, e a acción desarrollouse en Zurich. Os maniquíes son o modelo de persoas reais con discapacidades: o locutor de radio e crítico de cine Alex Oberholzer, a señorita Handicap 2010 Jasmine Rechsteiner, o atleta Urs Kolly, o actor Erwin Aljukić e a blogger Nadja Schmid. Toda a acción é capturada nun vídeo do director Alain Gsponer que vos deixamos a continuación.

Ah! e se queredes ver outra das súas campañas non vos perdades esta de fai tres anos da discapacidade intelectual.

Leichtathlet-Urs-Kolly- Miss-Handicap-2010-Jasmin-Rechsteiner Schaufensterpuppe_Z

 

Unha cidade moi natural

Unha cidade moi natural

En A&B encántannos os traballos manuais, os que levan o seu tempo e os que se contrúen pouco a pouco. Por iso nos chamou poderosamente a atención este traballo gráfico da axencia Wirz Gruppe para a cadea de restaurantes vexetarianos Tibits.

A campaña recrea diferentes cidades europeas nas que se atopa o restaurante (Londres, Basilea, Berna ou Zúrich) pero utilizando soamente vexetais como materiais.

Unha gran idea que ten como finalidade  promocionar os seus produtos pero tamén deixar claro que a verdura é unha estupenda enerxía natural.

O resultado final é abraiante debido sobre todo ó xogo coas luces, os reflexos na agua, as sombras… E ademais de todo isto toda a iluminación foi creada con LEDs e alimentada de forma natural con baterías feitas con limóns.

Creatividade, natureza, orixinalidade e sustentabilidade. Unha estupenda combinación que deixa á vista un resultado impecable.

Animámosvos tamén a que visionedes o making of, xa que nos dá unha visión global do tremendo traballo que hai detrás desta estupenda campaña.

 

 

Visto aquí.

Coa comida non se xoga

Coa comida non se xoga

Estamos seguras de que en máis dunha ocasión tivestes escoitado esta frase: “coa comida non se xoga!!”. Pois parece que @s creativ@s da axencia de publicidade australiana WHYBINTBWA non o tiveron moito en conta; ou se cadra alí as nais/pais non son tan ríxid@s con esta norma tan extendida por aquí.

Por iso, o estudio australiano creou esta orixinal campaña publicitaria para promover o Festival Internacional de Comida de Sydney. A campaña consiste nunha serie de fotografías nas que se recrean as bandeiras de diferentes países utilizando os ingredientes máis recoñecidos en cada país.

Unha maneira orixinal, divertida e apetecible que convida a descubrir a cociña de calquera país arredor do mundo.

E a modo de anécdota: a bandeira española está feita con chourizo. Coincidencia?? Non o cremos…

 

Visto aquí.

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close