Blog : tecnoloxía

Unha nova droga: as tecnoloxías

Unha nova droga: as tecnoloxías

Removed é unha serie de imaxes creadas polo fotógrafo estadounidense Eric Pickersgill, coas que critica a nosa adición aos teléfonos intelixentes e ás redes sociais. Porque quen pode afimar con toda seguridade que podería pasar tan só un par de días sen o teléfono e non sentir nin unha miguiña de ansiedade? E falamos de dous días rutinarios, non dous días de escapada, que aí podemos sobrevivir calquera 😉

A idea que tivo Eric Pickersgill foi a de fotografar persoas utilizando os seus dispositivos para despois retirarllos mediante retoque. E o resultado fala por si mesmo.

Sabemos é un tema moi manido e semella que a ninguén nos gusta escoitar iso de que somos exclavas das tecnoloxías, pero é unha realidade. E estas fotografías fannos reparar nela dunha maneira máis artística.

P.D: Un besi a quen esté lendo este artigo dende o seu dispositivo móbil.

Ler máis

Buscando inspiración na ilustración

Buscando inspiración na ilustración

Estos días andamos cun encargo moi bonito a voltas, do que xa vos falaremos máis adiante para non desvelar a sorpresa antes de tempo. Así que andamos á busca e captura de inspiración na ilustración.

E deste xeito topámonos con Jean Jullien, un ilustrador e deseñador gráfico francés que non escatima en acidez, e critica de maneira visual as novas tecnoloxías e a chamada vida moderna.

O seu trazo sinxelo e groso e o uso da cor foi o que máis nos encadilou (ó igual que a mensaxe).

1 2 3 04 4 5 6 7 8 9 10 11 12 gun600

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close