Blog : viaxes

Ensinarme as fotos das túas vacacións? Si, por favor!

Ensinarme as fotos das túas vacacións? Si, por favor!

Ver as fotos das vacacións de amig@s e familiares pódese convertir nun castigo digno das torturas medievais máis crueis. Pero non todas, nós quixeramos ser amigas desta xente que vos presentamos a continuación e pasarnos o día vendo os marabillosos proxectos que crean coas instantáneas e vídeos das súas viaxes, non vos parece?

E a semana santa acaba de comezar, quen se anima a facer un vídeo destos?? Se nos levades convosco facémosvolo nós 😉

 

 

 

Comida around the world

Comida around the world

Instagram é unha rede social que esperta a creatividade de moita xente, xa sexa polo simple feito de crear ou por coleccionar seguidor@s.

Así é que esta moza de Indonesia comezou unha serie de fotografías arredor do mundo nas que inmortaliza un petisco típico do país no que se atopa. E a idea, ademais de apetitosa é ben resultona, non credes?

Deixámosvos cunha mostra do seu traballo e se queredes máis podédela seguir na súa conta de Instagram: girleatworld.

Visto aquí.

 

Viaxes en imaxes

Viaxes en imaxes

Nestos días nos que @s máis afortunad@s poden viaxar, @s que nos temos que quedar tememos por ese incómodo momento no que nos convidan a ver as fotos da viaxe. E é que a fotografía dixital foi un gran avance, pero tamén fixo moito dano. Nunha viaxe dunha semana podemos acumular unhas 1000 instantáneas (aprox) e existe unha forza de orixe desconocido que nos impide borrar fotografías e reducir ese desmesurado número a 30 fotos (que chegan ben) 😉

Menos mal que tamén existe xente creativa que fai que ese visionado se convirta nalgo entretido e mesmo artístico. E aquí vos traemos algúns exemplos:
 

PERU & BOLIVIA | bonus track from Timelapse Media on Vimeo.

 

 

MOVE from Rick Mereki on Vimeo.

Hai quen incluso se atreve coa animación:
 

 

E para rematar deixámosvos cunha campaña de turismo realizada polo Goberno islandés para tratar de incentivar o turismo en Islandia despois de que o número de turistas descendiese dende a erupción do volcán Eyjafjallajokull. Un vídeo que dá unhas gañas de viaxar tolas! E a nós encántanos.

 

Inspired by Iceland Video from Inspired By Iceland on Vimeo.

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

E coma todas as semanas vimos moi ben acompañadas.Hoxe introducirémonos no mundo das viaxes, do xornalismo e da fotografía de voda da man de J. Teixeira Fotografía.

Juan Teixeira é licenciado en Publicidade e RRPP e complementa os seus estudos con dous másters: Máster en Xornalismo Multimedia e  Máster en Fotografía e Deseño. Isto lévao a Bilbo e Barna e dalí ó mundo enteiro, porque lle picou o “gusanillo” de viaxar e lanzouse a  coñecer cidades, culturas e persoas ó longo de diferentes países (incluso se animou a facer unha visita a Costa Rica!)

E gracias á sensibilidade que mostra detrás do obxetivo logra captar momentos e sentimentos dunha maneira única.

Por iso convidámosvos a que o coñezades, visitade a súa web, e o seu sitio no facebook que estamos seguras de que vos encantará. A nós xa nos ten conquistadas.

 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close