Blog : vídeo musical

Wide Open, o novo de The Chemical Brothers

Wide Open, o novo de The Chemical Brothers

The Chemical Brothers son un dúo inglés de música electrónica que levan máis de 20 anos en activo. Durante os seus anos de carreira teñen feito infinidade de colaboracións con outros músicos e músicas e tamén teñen coqueteado co mundo da arte (o Museo Nacional Británico de Arte Moderno convidounos a que elexiran un traballo que os inspirara de entre a súa colección de arte moderno e, a continuación, escribiran unha canción sobre el. Podedes escoitala aquí). Por iso non nos sorprende que moitos dos seus vídeos permanezan na nosa memoria (quen non recorda aquel contundente Hey Boy, Hey Girl no que unha orda de esqueletos bailaban nunha discoteca?).

Bueno, pois o vídeo que vos queremos ensinar hoxe non nos parece menos interesante xa que se trata dun plano secuencia no que unha bailarina ve como o seu corpo se vai convertindo nunha especie de malla xeométrica. Uns efectos visuais de dez adornados coa marabillosa voz de Beck.

O traballo está firmado por dom&nic, os directores Nic Goffey e Dominic Hawley, con quen levan traballando dende 1997 e a quen lles debemos a xoia que antes mencionabamos: Hey boy, hey girl. Tamén cabe destacar o traballo da bailarina británico-xaponesa Sonoya Mizuno, quen nos hipnotiza cos seus movementos.

Subide o volume dos altavoces e disfrutade!

 

Ler máis

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close