Blog : vídeo

Guillaume Blanchet, que bo descubrimento!

Guillaume Blanchet, que bo descubrimento!

Mentres as pulseriñas de gomiñas de cores triunfan como a CocacolaGuillaume Blanchet lles atopa un uso diferente e dá vida con elas a “Unha rapaza chamada Elastika“, curtametraxe premiada con mais dunha decena de galardóns en diferentes festivais internacionais de cine.

Esta curta leva á súa protagonista, Elastika, por diferentes mundos e aventuras recreadas con materiais de oficina cun estilo marcado de videoxogo “oitenteiro” que nos encanta. Unha bonita historia creada con materiais simples e moita paciencia que seguro fascinará a nen@s e non tan nen@s!

Este é só un dos seus traballos como cineasta independente e recomendámosvos  que non vos perdades o resto da súa filmografía, entrade na súa web e descubrídeo, é un grande creativo!

 

A GIRL NAMED ELASTIKA from Guillaume Blanchet I Filmmaker on Vimeo.

 

Graffiti 3D

Graffiti 3D

Ultimamente sentímonos cautivadas polo mundo do graffiti, porque dende que puidemos descubrir polo miudo esta arte gracias ó proxecto G+V, estamos algo enganchadas.

E ivestigando pola rede atopamos un proxecto moi interesante desarrollado polo artista orixinal de Miami Alex Yanes, que consiste (nin máis nin menos) que nun graffiti en 3 dimensións. É dicir, engádelle relieve á obra, o graffiti sae da parede.

O resultado é moi interesante e a obra final destaca non só polas cores e os deseños, senón tamén polo valor engadido da terceira dimensión.

Pero mellor é que o comprobedes por vós mesm@s:

graffitti3d graffitti3d1graffitti3d2 graffitti3d3 graffitti3d4 graffitti3d5 graffitti3d6 graffitti3d7 graffitti3d8 graffitti3d9

Visto aquí.

O noso traballo: Claudia

O noso traballo: Claudia

Facer vídeo é un dos nosos traballos favoritos e hoxe temos o pracer de presentarvos o vídeo de Claudia, unha fermosura de nena que chegou á nosa vila fai case 4 mesiños e que cada día está máis e máis guapa (levamos uns días coa montaxe, visionando e volvendo visionar, e séguesenos a caer a baba con ela).

Temos que agradecer aos seus papás por compartir este preciosos momento (vestir á Claudia) connosco. Graciñas Yosu, graciñas Billi! E por suposto gracias á protagonista, Claudia, que se portou xenial durante a gravación e é un solete de nena.

Esperamos que vos guste o noso pequeno vídeo de bebé e se é así e queredes un d@ vos@ pequeñ@ non dubidedes en contactar connosco.

 

Claudia from A&B Comunicación on Vimeo.

O noso traballo: G+V

O noso traballo: G+V

Non vos podedes imaxinar a ilusión que nos fai podervos presentar (por fin!) o proxecto rematado de Graffiti+Viño. Foi un proxecto longo, con diferentes fases, pero que nos aportou infinidade de cousas boas.

A primeira, coñecer de preto ó marabilloso equipo de Arteficial. Dá gusto ver como a xente disfruta traballando colectivamente, pero sobre todo de maneira voluntaria. Traballar para nós, para facer cousas que nos ilusionen e emocionen e por AMOR á ARTE.

Por outra banda encantounos coñecer a Alfredo (Adega Pousadoiro), a Magda (Adegas Aurea Lux), e a Antón (Adega Alecrín). Gracias por abrirnos as portas das vosas adegas e deixarnos pasar até a cociña. Ós poucos, a cultura do viño vai tendo menos segredos para nós 😉

E o que foi un pracer tremendo foi coñecer a Mon, Asten e NO3L, e velos traballar “en vivo e en directo”. Un luxazo.

Con todos estos ingredientes non o tiñamos complicado para facer un proxecto interesante, bonito e diferente. E o noso traballo era tentar plasmalo en imaxes. Esperamos ter estado á altura.

A nosa labor centrouse en realizar un logo para o proxecto e cubrir todo o que foi a actividade para realizar un vídeo-resumo. A música corre a cargo do noso (moi ben querido) técnico de son: Natural Zero, que fixo un traballazo.

Deixámosvos co resultado final, esperando que o disfrutedes case tanto coma nós. E recordade que se queredes levar para a casa unha caixa cun anaquiño de graffiti e tres botellas só vos tedes que poñer en contacto coas adegas.

Brindemos cun Ribeiro por moitos proxectos fermosos coma este!

 

fotograma0 fotograma1 fotograma2 fotograma3 fotograma4 fotograma5 fotograma6 fotograma7 fotograma7b fotograma8 fotograma9 fotograma10 fotograma11 fotograma12 fotograma13 fotograma1410322827_237931599740238_3835696897867664990_n 10329211_237931919740206_5877311489362780085_n 10322663_237931999740198_1049181253662692303_n 10305595_237931809740217_5662920241637106851_n 10291041_237932406406824_1787454354240869409_n 10262063_237932239740174_569515442397375051_n 10252156_237931666406898_4885744823844210949_n 10001384_237931443073587_7353315082785286420_n 10253806_237932153073516_1330414989196365984_n

 

Promo 1:

 

Promo 2:

 

 Documental:

Spot:

tríptico exterior_ainhoa tríptico interior_ainhoa

Datas:

29 de Marzo:  Encontro entre artistas e adegueiros. Visita a cada unha das adegas.
30 de Marzo: Realización dos murais en Castrelo de Miño. De 10 da mañán ás 20:00h.
2, 3 e 4 de Maio: Presentación oficial dos resultados da acción e exhibición dos murais na 51 edición da Feira do Viño do Ribeiro.

Adegas participantes:

Alecrín, de Cenlle.
Aurea Lux, de Ribadavia
Adega Pousadoiro, de Castrelo de Miño

Artistas participantes:

Mon Devane, de Ourense
Nas, de Rianxo
Asten, de A Coruña

Organiza:

Asociación ARTEFICIAL

Colabora:

Consello Regulador da Denominación de Orixe O Ribeiro
Concello de Castrelo de Miño
Concello de Ribadavia

Música orixinal:

Natural Zero
“Agua” (coa colaboración de Hugo Mojón na guitarra)
“Afro”
“Power colour”

Agradecementos:

Entretempos
Cdos Carpinteros
Blanca Cáceres
Alfredo Fernández
Valey Dj
Troche e Moche Dj’s
Spray Planet
Tod@s @s membros de Arteficial

O noso traballo

O noso traballo

As e os que nos coñecedes saberedes que nos gustan as cousas sinxelas, elegantes e diferentes. E estos tres conceptos son os que tentamos unir no último traballo audiovisual que nos foi encargado polo Concello de Ribadavia: a promo para a Feira do Viño do Ribeiro (que terá lugar aquí, en Ribadavia, en menos dun mes). E esperamos que chegue a gostar a moita xente!

Levamos unha larga tempada atarefadas neste traballo e fixémolo con moito agarimo, xa que para nós, a Feira do Viño é unha das nosas festas favoritas do Ribeiro.

Esperamos que vos guste e se o visionades na compaña dun bo viño do Ribeiro mellor que mellor!

 

Feira do Viño do Ribeiro 2014 from A&B Comunicación on Vimeo.

Steve Cutts: animación satírica

Steve Cutts: animación satírica

Steve Cutts é un artista independente afincado en Londres que se especializa na animación. Estudou Belas Artes e as súas ilustracións teñen un estilo moi persoal e doado de recoñecer, cun grafismo non demasiado complexo. O que máis nos gusta del son as súas curtas de animación, as cales dota de grandes doses de crítica, sátira, polémica e sobre todo realidade, inda que ironicamente traballou para clientes como Coca-Cola, Toyota, Reebok, Sony PSP, The Guardian, Kelloggs, Philips entre outros. Pero xa sabedes como funciona isto…

Sen pretensión de entrar en debates desta índole deixámosvos co seu traballo, que seguro que vos gusta tanto coma a nós:

Coca Cola:

Reebok:

Toyota:

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close