Blog : videoclip

Wide Open, o novo de The Chemical Brothers

Wide Open, o novo de The Chemical Brothers

The Chemical Brothers son un dúo inglés de música electrónica que levan máis de 20 anos en activo. Durante os seus anos de carreira teñen feito infinidade de colaboracións con outros músicos e músicas e tamén teñen coqueteado co mundo da arte (o Museo Nacional Británico de Arte Moderno convidounos a que elexiran un traballo que os inspirara de entre a súa colección de arte moderno e, a continuación, escribiran unha canción sobre el. Podedes escoitala aquí). Por iso non nos sorprende que moitos dos seus vídeos permanezan na nosa memoria (quen non recorda aquel contundente Hey Boy, Hey Girl no que unha orda de esqueletos bailaban nunha discoteca?).

Bueno, pois o vídeo que vos queremos ensinar hoxe non nos parece menos interesante xa que se trata dun plano secuencia no que unha bailarina ve como o seu corpo se vai convertindo nunha especie de malla xeométrica. Uns efectos visuais de dez adornados coa marabillosa voz de Beck.

O traballo está firmado por dom&nic, os directores Nic Goffey e Dominic Hawley, con quen levan traballando dende 1997 e a quen lles debemos a xoia que antes mencionabamos: Hey boy, hey girl. Tamén cabe destacar o traballo da bailarina británico-xaponesa Sonoya Mizuno, quen nos hipnotiza cos seus movementos.

Subide o volume dos altavoces e disfrutade!

 

Ler máis

5 segundos dan para moito

5 segundos dan para moito

O que vos traemos hoxe é unha combinación de música, imaxinación e sobre todo coordinación.

Acabamos de ver aquí o último videoclip da cantante marsellesa Siska, titulado “Unconditional Rebel”, e non podemos máis que ficar abraiadas co tremendo traballo de produción e coordinación (sen esquecer os efectos de postprodución).

Explicámosvos: trátase dun plano secuencia rodado en tan só 5 segundos e ó longo de 80 metros cunha cámara de alta velocidade que graba a 1000 frames por segundo. A velocidade normal é de 24 ou 25 frames por segundo, así que vos podedes imaxinar o que fai esta cámara. O resultado final é un vídeo de 3minutos e medio, cheo de persoaxes, efectos especiais e colorido. Pura maxia!

O autor da peza é o realizador Guillaume Panariello e se queredes saber máis del podedes visitar a súa páxina aquí ou o seu perfil de vimeo aquí.

Ler máis

Discos que cantan

Discos que cantan

Hoxe compartimos con vós un dos mellores videoclips que temos visto nos últimos tempos.

O vídeo mola pola idea, pola montaxe, pola estética… Pero sobre todo polos protagonistas, porque neste vídeo aparecen The Smiths, David Bowie, Madonna, Bob Dylan, Pink Floyd, Abba, Prince e mesmo Lou Reed. E inda non remata aquí a lista! Cando o visionedes atoparedes moitos máis artistazos.

E agora ven a pregunta… Como conseguiron reunir a semellante plantilla? Pois o segredo reside en que quen canta son as portadas máis míticas destas bandas. As protagonistas en realidade son as portadas de LP’s que, animadas polo (moi novo) director israelí Vania Heymann nos cantan e rapean un tema de Roy Kafri titulado “Mayokero”.

Atent@s á historia, que ten mensaxe! A gozar!

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close