Ukelele Kit Project

Ukelele Kit Project

Ukelele Kit Project

O venres xa faciamos un pequeno adianto de presentación do Ukelele Kit Project, xa que por fin saíu á luz. Pero hoxe imos afondar un chisco máis no tema, para que saibades en que consiste.

O Ukelele Kit Project é un proxecto impulsado por O Gato Cósmico, unha galería/tenda de arte/ moda/ deseño e artigos Do-It-Yourself xestionada por Matilde, unha compañeira da comarca. E foi ela a que se puxo en contacto con nós a finais do ano pasado para animarnos a que participaramos no seu proxecto (e temos que admitir que non tivo que insistir nada nadiña, xa que dende o comezo nos pareceu súper interesante).

E agora estarédesvos preguntando en que consiste exactamente o proxecto, non? Pois bueno, aquí vos vai unha descrición da propia Matilde do que é o Ukelele Kit Project:

“O proxecto ten como punto de partida un dos produtos máis exitosos da nosa tenda: o ukelele montable. Así, propúxoselle a 10 artistas que interviñeran, decoraran e montaran un destes ukeleles montables, dando lugar a unha colección de 10 pezas únicas moi diferentes entre si e que mostran os diversos estilos dos seus creadores. Logo diso e, aludindo ó carácter musical que a propia peza ten, propúxoselle a 10 grupos musicais tocar unha canción do seu repertorio utilizando un dos ukeleles da colección, adaptándoa ó instrumento e creando unha versión nova dunha canción xa existente. Por último, propúxoselle a 10 realizadores audiovisuais facer os vídeos das 10 cancións resultantes, 10 vídeos que, partindo dunha idea moi sinxela, mostran a calidade e a creatividade dos seus realizadores.

O resultado: unha exposición colectiva e multidisciplinar na que participan máis de 30 creadores galegos – ou vencellados a Galicia – provenientes do mundo da arte, a música e o audiovisual.”

Un proxecto completísimo e interesantísimo, non vos parece? Nós estamos encantadas de ter participado e dende aquí queremos agradecerlle a Matilde a confianza depositada en nós para formar parte do seu proxecto. E agora esperamos ansiosas a que saian á luz os demais vídeos para podelos ver todos!

De momento aquí vos deixamos o #1: Os amigos dos Músicos+Pablo López+A&B.

Ukelele Kit Project. “Pavillón dos Remedios”. Os Amigos dos Músicos. from A&B Comunicación on Vimeo.

ukelele1

ukelele2

ukelele3

ukelele4

ukelele5

ukelele6

ukelele7

ukelele8

ukelele9 ukelele kit project

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close