Un fotomatón móvil

Un fotomatón móvil

Un fotomatón móvil

Tobias Gutmann é “un ilustrador, narrador, artista e, ás veces, un deseñador gráfico, pero sobre todo un bo tipo.”

O seu último proxecto consiste nunha viaxe de 25.000 millas arredor do mundo creando retratos abstractos en 3 minutos co seu stand portátil e analógico, coñecido como a Face-o-mat.

A Face-o-mat é unha máquina moi especial. En primeiro lugar, o cliente séntase diante dunha pequena ventá semellante a un fotomatón. Logo axusta algunhas palancas para configurar o resultado do retrato, que van dende cor, branca e negra, lavada de cara, clásico ou vangardista. Posteriormente e por un módico prezo, Gutmann crea o retrato en 3 minutos. Os retratos son representacións abstractas dos modelos, ao igual que o resto da obra e as ilustracións do artista.

Todo o procedemento lévase a cabo no posto portátil que deseñou e construíu, equipado con mecanismos simples que fan que a experiencia do cliente resulte mesmo máis agradable e divertida. A Face-o-mat normalmente personalízase para que coincida co idioma e o contexto no que se instala provocando que a experiencia sexa aínda máis familiar e específica ao contexto. Xa nos gustaría que se deixase ver por Ribadavia! 😉



Visto aquí.

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close