We love Pop Art!

We love Pop Art!

Non sei a quen lle gusta máis saír de excursión, se a A ou a B… e hoxe fúmonos de excursión! Lichtenstein, Kaufman, Hharing, Rauschenberg, Ramos, Psaier e ata Andy Warhol agardaban por nós no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e estarán encantados de agardar tamén por vós así que ide por alí,  antes do día 15 deste mes, que din por estes lares que eles marchan de ruta.

En dúas palabras: encan-tounos!  “Pure pop art”, que é como se chama a expo, achegounos a este movemento artístico xurdido a finais da década de 1950 en Inglaterra cuxas características son o emprego de imaxes e temas tomados do mundo da comunicación de masas e a súa aplicación á pintura. Gustounos o colorido, a técnica e a súa creatividade pero sobre todo ver de cerca obras das que nós bebemos continuamente, que enchen a nosa inspiración.

E é que… We love Pop Art!

SAM_5645 SAM_5652 SAM_5653 SAM_5661 SAM_5665 SAM_5670 SAM_5672 SAM_5677 SAM_5683 SAM_5694

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close