Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

E para que comecedes a fin de semana con enerxía hoxe ímosvos presentar ó Proxecto Barullo.

Proxecto Barullo xéstase nas cabezas de Rubén (Potas) e de David (Kabrax) e coa axuda de Rosiña, Anxo, Manuel e Ainhoa botan a andar unha das ideas máis singulares e atraíntes que se teñen levado a cabo na comarca do Ribeiro.

O Proxecto xurde a partir da necesidade de xóvenes da Comarca do Ribeiro de expresarse e medra coa finalidade de promocionar as bandas locais e motivar a máis xóvenes da zona a iniciar proxectos de índole musical ou audiovisual. Pero un dos obxectivos fundamentais que se perseguía era o de dar a coñecer toda a música realizada por grupos amateurs das zonas rurais da nosa comarca no periodo que transcurre entre os anos 70 e a actualidade. É dicir, facer un resumo do que foi o panorama musical ribeirán nos últimos 40 anos.

O proxecto finalizouse 14 meses despois de teren comezado e o resultado foi máis que óptimo: un digi-pack que contén 11 pistas de audio e un documental de 50 minutos de duración con entrevistas e momentos das grabacións.

Non dubidedes en entrar no seu blog e escoitar e ver os vídeos porque Proxecto Barullo é pop, rock, metal, hip-hop… Pero tamén é xente. Xente da comarca, xente nova, xente máis nova e sobre todo xente con ilusión.

E sabemos que xa o dixemos en moitas ocasións, pero nunca nos cansaremos de repetilo: O Ribeiro estache cheo de artistas!!!

Que veñan moitos Proxectos Barullo máis!

14816_4935491580598_418725128_n


Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close