Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Xa sabedes que a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia nos apaixona, xa que falamos dela no verán no noso blog. Pero hoxe non só imos falar da MIT, hoxe queremos adicarlle a nosa entrada a Roberto Pascual, actual director da MIT e unha gran persoa.

E eleximos o día de hoxe para falar de Roberto porque esta tarde comenza a celebración do 40º Aniversario da Mostra de Teatro de Ribadavia coas “Xornadas Abrente. 1973-2013”. Nestas xornadas, especialistas na materia como Manuel Guede, Roberto Pascual, Inma López Silva ou Dolores Vilavedra, pasarán revista ao significado histórico e actual das Xornadas Abrente.

Pero volvendo ó rego, o que queremos resaltar hoxe é a figura de Roberto e o seu traballo. Na actualidade, ademais de dirixir a MIT, é profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e sabemos que fai disfrutar ós seus alumnos e alumnas coas súas clases.  E nós, que tivemos a sorte compartir espazo con el na oficina da Mostra, podemos confirmar que é unha persoa que sinte paixón polo que fai, e que disfruta e fai disfrutar ó resto, xa que sempre ten un sorriso para adicalle a calquera.

Tamén queremos recordar  dende aquí ó anterior director da MIT, Rubén García, quen en 1973, con só vinte e dous anos, puxo en marcha a Mostra de teatro galego Abrente en Ribadavia, e que gracias ó seu esforzo estamos hoxe aquí celebrando estos 40 anos cheos de bo teatro.

Feliz Cumpleanos! E que veñan moitos máis!

Roberto_Pascual2_2012

Se queredes asistir ás xornadas podedes consultar o programa premendo aquí.

 

 

2 Comments

  • Roberto Pascual 15 Decembro, 2013 at 14:21

    Pero que lindas que sodes, Blanca e Ainhoa, o fiel reflexo da forza do voluntariado da MIT, a súa gran fortaleza, parte indispensable, e capital humano. Honrádesme demais con estas palabras. Un séntese tan ben ao saber que hai xente coma vós ao redor que nada importan as pedras que poidan aparecer no camiño. Sodes a honra da cidadanía ribadaviense e a honra da xente nova. Humildade, talento e compromiso. Tamén solidaridade, coma o gran legado de Abrente. Un bico ben grande.

    • A&B Comunicacion e Deseño Author 16 Decembro, 2013 at 11:38

      Ui! Que nos emocionas coas túas palabras, Roberto! Se as que estamos encantadas somos nós por poder formar parte (inda que sexa en pequena medida) dun proxecto tan fermoso e marabilloso como a MIT. Mentres poidamos, segue contando contando con nós, que somos fans 😉

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close