Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Xa fai tempo que non vos traemos a un dos nosos amigos neste especial “Xa é venres, compañeir@!” e para inaugurar o 2014 con boa onda presentámosvos a un dos artistas locais do Ribeiro que máis nos gusta.

Sen dúbida en Ribadavia hai un rapeiro por excelencia e o seu nome artístico é Abelo CainProxecto Barullo foi unha das plataformas que o deu a coñecer e Arteficial, o noso festival artísticomusical, quixo tamén contar coa súa presencia en varias edicións.

Forza, descaro e arte acompañan nos escenarios a este rapaz de tan só 19 anos que fai rimas intelixentes, agresivas e sen pelos na língua. El mesmo fai as súas letras nas que di máis do que canta e nas que a mensaxe é fundamental. Gústanos a súa maneira de ver o mundo, a súa denuncia social e o seu ritmo e por iso dende o 32400 ata Montealto esperamos que continúe con seu flow e bo carma! 


Abel 01 Abel 02 Abel 03

2 Comments

  • pili 10 Xaneiro, 2014 at 16:55

    Estou impresionada con este rapaz, e quixera felicitalo pola súa obra. Parabéns para vós por elexir nas vosas entradas xentiña tan boa.

  • A&B Comunicacion e Deseño Author 10 Xaneiro, 2014 at 21:01

    Artistazo do Ribeiro! Boa cuna

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close