Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

E os venres hai que festexalos como se merecen: en boa compaña. Hoxe querémosvos presentar a Fer, o responsable de Taupada Multimedia. Fernando Pérez é unha persoa difícil de describir en poucas palabras, pero tentarémolo: experto en toma de imaxe, posprodución dixital, vídeo, deseño e animación 3D. Pero ademais de todo isto, os seus últimos traballos están máis dirixidos cara as artes escénicas, onde consegue unir a maxia e a cercanía do teatro con imaxes e proxeccións a grande escala. Non escapan do seu control a escenografía nin a iluminación. Vamos, que nunha soa persoa reunimos un equipo enteiro e que o mesmo vale para un roto que para un descosido.

Autodidacta, curioso, exclavo do traballo, creativo e moi bo profesional e compañeiro. Así é Fer.

Pero o máis interesante é que o descubrades por vós mesm@s. Convidámosvos a que lle botedes un vistazo á súa web; navegade, investigade e a disfrutar da súa arte.

 




E aquí un vídeo no que traballamos xunt@s (A):

Boa fin de semana!

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close