Xa é venres, compañeir@: Anacos do Ribeiro

Xa é venres, compañeir@: Anacos do Ribeiro

Xa é venres, compañeir@: Anacos do Ribeiro

Encántanos compartir con vós os traballos, proxectos e ideas de xente que coñecemos, pero moito máis cando se trata de xente da comarca.

Porque se dalgo podemos fachendear no Ribeiro é de actitude. Porque hai xente moi válida e con gañas de facer cousas.

Hoxe traémosvos o exemplo do blogue Imaxes en Anacos. O autor; un neofotógrafo (se se nos permite a expresión), ofrécenos un espazo cheo de sensibilidade, contido, raiba, beleza, pensamento, denuncia, ironía, crítica, natureza, humor… Tantas cousas que non sería doado reducilas a unha breve entrada de blog.

El mesmo describe en poucas palabras o que nos atoparemos no seu espazo (ou obra entre comiñas): fotografiando, divagando e liberando música. Nada que poida ser de interese. E nós discrepamos con esta última parte. É unha obra (sen comiñas) de moito interese.

Encendede os altavoces, poñédevos cómod@s e a disfrutar.

 

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close