Xa é venres, meigas!

Xa é venres, meigas!

Xa é venres, meigas!

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños,

espíritos das neboadas veigas.

Tremede! Mañá é a Noite Meiga!!

A queimada é a bebida espirituosa da festa á que un ano máis a organización Ribadavia Activa-t nos convida.  Un día cheo de traballo para elas pero tamén cheo de orgullo por poder sacar adiante, un ano máis e con moito esforzo, a Noite Meiga.

A festa que este ano ven cargada de novidades grazas ó apoio doutras asociacions como o “Aquelarre das Meigas cos Tabaleiros” ou o teatro “Os clásicos na Noite Meiga”  representada polo Teatro do Vilar. E outras sorpresas que non imos desvelar, pero que soan a ritmo de cóctel ;-).

Nós deixámovos coa nosa aportación á festa: o que nos gusta facer, un deseño e un vídeo  adaptados á Noite Meiga. O deseño é o de  unha bolsa edición limitada que poderedes  mercar o día da festa, e que só custa 3 € (os cartos recaudados son íntegros para a organización). E o video é unha promoción terrorífica da festa a golpe de badalada, non vola perdades!

Desfrutade da festa, e viva a Noite Meiga!!

bolso blog

 

promo NoiteMeiga_13 from A&B Comunicación on Vimeo.

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close