Estrea de “Non vale parar. Unha MIT nos tempos da covid”
O pasado sábado 27 de marzo, coincidindo co Día Mundial do Teatro, estreamos a nosa primeira película: “Non vale parar. Unha MIT nos tempos da covid“.
Estabamos emocionadas e nerviosas a partes iguais (se cadra un pouco máis do segundo) pero foi incríble o agarimo co que recibistes o filme, os comentarios que nos fixestes ao rematar e os ánimos que nos destes para seguir creando, e máis en tempos como os que estamos a vivir, nos que semella que temos todo en contra.
Graciñas a todas as persoas que participaron no proxecto e grazas tamén a todas as que vos animades a ver o documental e sobre todo a non parar.