a&b comunicación

Lisboa. Diario dunha viaxe

Din que quen non foi a Lisboa non viu cousa boa. Si, sabémolo, é pouco orixinal comezar unha entrada do blog con esta frase pero é que non pode ser máis verdadeira.

Xa levabamos un tempo querendo coñecer a capital portuguesa e por fin, nesta ponte de decembro, lanzámonos á carretera con ganas de non deixar rúa da cidade sen pasear, que é o que a nós nos gusta. E Lisboa é unha cidade ideal pra iso, pero por fermosa, non por cómoda, porque o de estar situada enriba de 7 outeiros fai que pases o día subindo e baixando costas.

Foron 4 días do máis completo: paseamos por practicamente todos os barrios, subimos ao tranvía, bailamos até caír rendidas, comimos bacalhau e porco preto, escoitamos fado ao vivo, vimos aos nosos adorados First Breath After Coma en concerto, pateamos enteira a Feira da Graça, fomos á festa aniversario da Filho Único onde xubilados de >70 anos nos servían viño, cervexa e bifana, visitamos o Museu Coleção Berardo, atopamos a unha amiguiña galega…

Para que vos fagades unha idea deixámosvos a reportaxe audiovisual, pero se queredes coñecer máis polo miúdo os chascarrillos pagade un viño!

 

Deixa un Comentario.

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados