a&b comunicación

Me&You (Unha curta historia de amor)

Ultimamente andamos inmiscidas nun proxecto audiovisual ben xeitoso que virá da man de Arteficial, pero non queremos adiantar acontecementos, así que ata aquí podemos ler…

O caso é que investigando na rede atopámonos con esta curta que hoxe queremos compartir con vós porque cremos que resume moi ben o que é un “Ti e máis eu” e o punto de vista encantounos.

O título é “Me & You” e o seu director é Jack Tew, do cal vos recomendamos que visitedes o seu perfil de vimeo xa que ten moitas cousas interesantes.

Apagade as luces e a disfrutar.

 


Me & You from Jack Tew on Vimeo.

 

E aquí o making of:

Visto aquí.

 

Deixa un Comentario.

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados