O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar
Un ano máis o concello de Castrelo de Miño presenta as súas festas gastronómicas e os seus Ribeiros en Xantar, o 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar do 4 ao 8 de marzo en Ourense (ou sexa que este fin de semana xa tedes plan culinario!)
Para promovelos encargáronnos estes flyers onde presentan ademáis os carteis das festas gastronómicas do concello para este ano 2015 (feitos tamén por nós): a festa da Anguía, a da Rosquilla e a da Codorniz.
Castrelo móvese, aposta polo seu, o local. Por iso é un concello que logra diferenciarse do resto. E xa sabedes que se queredes saber máis deste concello e a súa gastronomía espéranvos cos brazos abertos en Xantar 2015.
Que aproveite!